Asociación para a participación das mulleres

Presentación do libro compilatorio dos poemas gañadores dos certames María Mariño

O xoves 12 de decembro a escritora teense Claudia Castro, membra da Asociación Teenses pola Igualdade, presentou na biblioteca d’Os Tilos o Libro «XII Anos de Andaina do Premio de Poesía María Mariño». Esta obra recolle os poemas gañadores das seis primeiras edicións do certame literario que esta asociación convoca dende o ano 2007.

No encontro participou ademais Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, que explicou como a Asociación conseguiu en 2007 que a Real Academia Galega decidira dedicarlle o Día das Letras á poeta María Mariño. Pola súa parte, Claudia Castro fixo mención de todas as autoras e autores cuxos poemas poden lerse no libro, algúns deles de recoñecido prestixio no mapa literario galego: Adolfo Caamaño, Marcelino Sisto, Celia Parra, María Xosé Canitrot, María Lado, Xosé Daniel Costa, Berta Roca, María López Correa, Óscar García Ramos, María Teresa Iglesias Yugat e a propia Claudia Castro.

Para pechar o acto os asistentes gozaron de poemas recitados por Elisa Barreiro e o tamén poeta Xoán Xosé Fernández Abella.

Xoán Xosé Fernández Abella recita un poema da súa autoría adicado a María Mariño

Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, e a poeta Claudia Castro

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*