Asociación para a participación das mulleres

Mulleres pioneiras

Co gallo do Día Internacional da Muller Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, participou no Debate «Pioneiras: mulleres mudando o mundo», que tivo lugar o pasado 7 de marzo en Camariñas.

No coloquio participaron mulleres referentes en distintos ámbitos profesionais, coma Silvia Viquiera, membra de Xornalistas Galegas, María Xosé Queizán, escritora, Zulema González, árbitra internacional, Jacqueline Lista, armadora e mariscadora, Encarna Liñeiro, deputada, e Laura Seara, ex secretaria de estado de Igualdade.

Laura Seara salientou que a mesa redonda tivera dúas almas: a da visibilización e a da posta en valor. As reflexións animaron ademais ás mulleres asistentes a achegar as súas vivencias e participar activamente no coloquio.

Pola súa banda, a alcaldesa de Camariñas agradeceu a presenza masiva de público feminino e a participación de mulleres ilustres no encontro.

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*