Asociación para a participación das mulleres

MINTE TOYSAL Ó POBO TEENSE?

Cando parecía que a batalla contra a decisión de converter a pechada canteira da Casalonga nun vertedoiro de basura parecía gañada polos veciños de Teo, aparece de novo un intento ameazante de retomar a explotación da canteira pola teimuda Empresa Toysal.

Teenses en movemento

Así, fai uns días que se observaron certos movementos na canteira protagonizados por xente traballando e movemento de grúas e camións. Estas inesperadas actuacións colleron por sorpresa a veciñanza en xeral e mesmo a Corporación Municipal en particular.

Inmediatamente a activisima Plataforma contra os vertidos se puxo en acción e convocou unha xornada de camiñatas por relevos dunha hora. con comenzo as 12 do día 23 ata as 12 do día 24 do presente mes de marzo.

Ao día siguinte tería lugar unha manifestación que recorreria a carretera nacional 525 saíndo as 12 do campo da festa.

Invitad@s pola Plataforma e sin dudalo nin por un instante, alá nos fomos un fato de compoñentes de Teenses Pola Igualdade a facer a camiñata dunha hora animad@s pola forza da indignación e sin importar para nada o sol abrasador que esa tarde caía sobre a Casalonga.

Tamén participamos, como non? na emocionante manifestación do día 24, Fixémolo na compaña de centos e centos de persoas que fixeron o recorrido señalado ao grito unánime de “queremos flores e non malos olores” ente outros.

Os noso socios dirixentes, tamén participaron

Esperemos que esta vez sexa a definitiva, e a forza da razón que ostenta a veciñanza, prevaleza sobre os intereses particulares da organización empresarial e amenaza dos vertidos na Casalonga desapareza dunha vez para sempre

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*