Asociación para a participación das mulleres

Marilar Aleixandre presenta «As malas mulleres» en Teenses pola Igualdade

Teo, 10 de febreiro de 2023. O pasado mércores 8 de febreiro celebramos na mediateca O Grilo de Cacheiras a segunda sesión do Ciclo Lecturas pola Igualdade. Nesta ocasión contamos coa recoñecida escritora Marilar Aleixandre impartindo unha conferencia-coloquio sobre a súa obra «As malas mulleres».

Esta novela, recoñecida co Premio Blanco Amor en 2020 e co Premio Nacional de Narrativa en 2022, narra a dramática historia das reclusas do cárcere da Galera, na Coruña, no ano 1863. O libro achéganos ademais a dous referentes femininos fundamentais na historia do noso país, como foron Concepción Arenal e Juana de Vega.

Marilar Aleixandre é unha das autoras máis prestixiosas no panorama literario galego actual. Ademais de narradora, poeta e tradutora, é membra da Real Academia Galega dende 2017.

Marilar Aleixandre acompañada da presidenta e vicepresidenta de Teenses pola Igualdade
Público da conferencia-coloquio celebrada na mediateca O Grilo, en Cacheiras

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*