Asociación para a participación das mulleres

MANIFESTACION CONTRA VERTIDOS NA CANTEIRA

a Empresa Toysal ataca de novo e non desiste na súa teima de converter a canteira da Casalonga nun peligroso escombreiro que ameaza a saúde desta e das futuras xeracións.E por elo que a Plataforma que leva loitando contra este crime ecolóxico dende hai xa unha morea de datas, pídenos a  colaboración A Teenses Pola Igualdade para os vindeiros 23 e 24 de marzo. 24 horas de mobilización!!!Día 23 andaina por relevos onde cada hora unha representación de diferentes colectivos da comarca camiñará pola N-550.Rematar, o domingo 24 de marzo as 12h. unha gran manifestación veciñal en contra do vertedoiro encuberto.

Estamos ben segur@s de que coma sempre Teenses, pioneira en pro do medio ambiente coa súa revista AmbienTeo, non faltará á esta xusta e reivindicativa  cita.
Deixemos claro que os pasos que pretendan dar, só poden ser cara atrás!!! 

Defendamos os nosos fogares e lugares sen residuos!!! 
Zona residencial, non residual!!! 
Acude!!! Únete!!! Precisámonos!!! 
A loita é agora por un futuro limpo.  

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*