Asociación para a participación das mulleres

Loitando polos dereitos das mulleres con discapacidade

Teenses pola Igualdade participou o pasado 10 de marzo nos actos organizados pola Comisión da Muller de Cermi Galicia, que levaban por título «Muller con discapacidade e protección ante a violencia. Estamos protexidas?» Na primeira das conferencias, moderada por Laura Seara, Asesora Nacional da Fundación Mulleres, participaron Rosalinda Carrera, Fiscal Delegada Autonómica de Violencia de Xénero de Galicia, Alejandra Domínguez, Policía Xudicial da Unidade de Atención a Familia e Muller da Policía Nacional de Santiago e Mª Concepción Rodríguez, terapeuta do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren violencia de xénero do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia. Na segunda parte da actividade expuxéronse experiencias de mulleres con discapacidade ante a violencia e contou coa participación de Isabel Quintairos, de Saúde Mental Feafes Galicia, de Mª Carmen González, da FAXPG, e a testemuña dunha muller con Trastorno do Espectro Autista (TEA), especialmente emotiva.

Na xornada púxose de manifesto o moito que hai que facer neste campo, dado que que o 30% dos abusos non se revelan nunca, que o 70% se comunica coma un segredo e só o 2% foron denunciados.

Na imaxe a presidenta de Teenses pola Igualdade nas xornadas de Cermi

Teenses pola Igualdade participou o pasado 10 de marzo nos actos organizados pola Comisión da Muller de Cermi Galicia, que levaban por título «Muller con discapacidade e protección ante a violencia. Estamos probexidas?

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*