Asociación para a participación das mulleres

Festa das Mulleres

O pasado sábado 9 de marzo tivo lugar unha nova edición da tradicional Festa das Mulleres organizada pola nosa Asociación. Este 2023 contou coa participación de once asociacións do noso concello, así como coa colaboración de varias entidades e establecementos teenses. A homenaxe este ano foi para o grupo Leilía que retirase despois de 35 anos loitando por recuperar e dar a coñecer a música tradicional feminina de Galicia.

As asociacións participantes foron Aspamite, Cruceiro do Monte, Mulleres Rurais de Teo, A Ponte Vella, Rosalía de Castro de Cacheiras, O Castro de Recesende, A Mámoa, Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Calo, Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Cacheiras, A Recreativa de Calo, Escola de Música Allegro.

O acto conducido pola nosa secretaria, Fina Angueira, quen deu a benvida aos presentes, comenzou coas actuacións de grupos de pandeirteiras  da Mamoa, do Cruceiro do Monte e o grupo Azaloira da Recreativa de Calo, para pasar a Coral Polifónica de Cruceiro do Monte antes da lectura do manifesto por parte da nosa presidenta Balbina Gonzalez Morcillo quen presentou as homenaxeadas, o grupo Leilía que nos agasallaron interpretando varias pezas.

Tras a homenaxe puidemos escoitar o grande Manoele de Felisa gracias a colaboración e implicación do Concello de Teo con esta asociación e a Festa das Mulleres.

Remataron as o programa de actuacións as pandeireteiras a Telleira da asociación a Ponte Vella e o grupo de gaitas da asociación cultural Rosalía de Castro.

A Festa finalizou coma xa é tradición coa magnifica merenda  na que colaboraron as asociación participantes, o supermercado Gadis de Cacheiras, o supermercado Eroski de Montouto, o supermercado Multipernas de Pontevea, a panaderia San José de Cacheiras, a panaderia Solláns de Calo, a cafetaría Portugalicia de Cacheiras, a cafetaría a Ramallosa.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*