O pasado 30 de novembro no Hotel Congreso de Teo tivemos ocasión de participar nunha charla con Eugenia Prendes, fiscala de violencia de xénero do Principado de Asturias. A presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, exerceu de anfitrioa presentando a relatora e convidando o público a participar coas súas preguntas e opinións.
Eugenia compartiu coas persoas asistentes reflexións fondas e dramaticamente reais como que as mulleres non poden confiar na xustiza se a xustiza non confía nas mulleres, que España suspende con clamor no cuprimento do Convenio de Istambul, artellado para combater a violencia de xénero, ou que sobran leis e faltan recursos.
![](http://teensespolaigualdade.org/wp-content/uploads/2019/12/Fotocharla.jpg)
![](http://teensespolaigualdade.org/wp-content/uploads/2019/12/Fotopúblico.jpg)
![](http://teensespolaigualdade.org/wp-content/uploads/2019/12/Fotogrupo.jpg)