Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, envía hoxe á nosa sociedade unha mensaxe reivindicativa para rematar cos asasinatos de mulleres a mans das súas parellas e ex parellas. Tamén nos recomenda que vexamos o filme «Precious», dirixido en 2009 por Lee Daniels e gañador de dous Óscars. A película narra a historia dunha adolescente negra e obesa vítima de maltrato.