Asociación para a participación das mulleres

CELEBRANDO AS NOSAS LETRAS EN CLAVE D...

CELEBRANDO AS NOSAS LETRAS EN CLAVE DE IGUALDADE
No marco da iniciativa «Lecturas pola Igualdade», a nosa Asociación organizou o pasado 12 de maio un recital poético-musical co gallo do Día das Letras Galegas 2023. O acto tivo lugar na Escola de Estudos Musicais Allegro Os Tilos e nel participaron máis de cincuenta persoas. Durante o recital Cris Román, compositora e cantante, interpre [...]

Coñecendo a Costa da Morte

Coñecendo a Costa da Morte
O pasado sábado 29 de abril tivemos oportunidade de coñecer unha parte da engaiolante Costa da Morte. Un grupo de trinta e cinco socias e socios de Teenses pola Igualdade viaxamos á ría de Corme e Laxe e gozamos dunha xornada lúdica e didáctica a un tempo. A primeira parada fixémola no Ecomuseo Forno do Forte, un dos conxuntos etnográfico [...]

Reinterpretando os clásicos en clave ...

Reinterpretando os clásicos en clave de igualdade
O pasado venres 14 de abril celebramos na Biblioteca d’Os Tilos unha nova sesión do programa Familias pola igualdade. Tras a proxección do clásico de Disney «A cenicienta», identificamos e debatemos sobre os sesgos sexistas e clasistas do filme. No encontro participaron adultos e rapazada entre os catro e os dez anos. O coloquio fo [...]

Teenses pola Igualdade réndelle homen...

Teenses pola Igualdade réndelle homenaxe a Malena Suárez Silva na nova edición da Festa das Mulleres
O pasado sábado 11 de marzo tivo lugar unha nova edición da tradicional Festa das Mulleres organizada pola nosa Asociación. Este 2023 contou coa participación de catorce asociacións do noso concello, así como coa colaboración de varias entidades e establecementos teenses. Malena Suárez Silva foi a muller homenaxeada este ano polo seu gran la [...]

Marilar Aleixandre presenta «As malas...

Marilar Aleixandre presenta «As malas mulleres» en Teenses pola Igualdade
Teo, 10 de febreiro de 2023. O pasado mércores 8 de febreiro celebramos na mediateca O Grilo de Cacheiras a segunda sesión do Ciclo Lecturas pola Igualdade. Nesta ocasión contamos coa recoñecida escritora Marilar Aleixandre impartindo unha conferencia-coloquio sobre a súa obra «As malas mulleres». Esta novela, recoñecida co Premio Blanco [...]

Comezamos as nosas Lecturas pola Igua...

Comezamos as nosas Lecturas pola Igualdade coa presentación do libro «Eu son Exeria», de Marisa Vidal Collazo
Teo, 3 de decembro de 2022. Onte pola tarde na Mediateca d’Os Tilos tivemos o pracer de escoitar a Marisa Vidal Collazo e Sole Pite, autora e ilustradora do libro «Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe do século IV», publicado pola Editorial Galaxia. Este ensaio narra a viaxe de Exeria, unha muller afouta movida pola fe e a [...]