Asociación para a participación das mulleres

📢 Invitación á XIV Festa das Mulleres...

📢 Invitación á XIV Festa das Mulleres e Asociacións de Teo 💜🎉
Queridas socias e socios, Desde Teenses pola Igualdade, queremos convidarvos a participar na XIV Festa das Mulleres e Asociacións de Teo, a nosa celebración anual con motivo do Día Internacional da Muller (8M). Será unha tarde especial de encontro, recoñecemento e festexos, na que nos gustaría contar convosco. 📅 Día: Sábado 15 de [...]

8M: Día Internacional da Muller

8M: Día Internacional da Muller
Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller, unha data clave para reivindicar os dereitos, a igualdade e a xustiza para todas as mulleres do mundo. Desde Teenses pola Igualdade queremos facer unha chamada á reflexión e á acción, porque a igualdade real aínda é unha meta pendente. Ao longo da historia, as mulleres foron prota [...]

Segredos de familia (e licor café): u...

Segredos de familia (e licor café): unha comedia negra en Laraño
Se non podes acudir á Ramallosa, tes outra oportunidade para desfrutar dunha das obras máis entretidas da tempada. A compañía Martabelas representará _Segredos de familia (e licor café)_ en Laraño. 📅 Domingo 9 de marzo 📍 Centro sociocultural (Escola) de Laraño 🕕 Ás 18:00 h 🎟 Entrada: 3EUR SOBRE A OBRA _Segredos de familia (e licor café)_ é u [...]

Martabelas presenta ‘Segredos d...

Martabelas presenta ‘Segredos de familia e licor café’ no 8M en Teo
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, temos o pracer de anunciar as próximas actuacións da compañía de teatro da nosa asociación, Martabelas. Dentro das actividades organizadas polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Teo, Martabelas porá en escena a súa última obra, «Segredos de familia e licor café». A r [...]

Aberto o prazo de inscrición para o T...

Aberto o prazo de inscrición para o Taller de Autoestima
A asociación Teenses pola Igualdade ten o pracer de anunciar que, unha vez máis, ofreceremos o Taller de Autoestima, impartido polo Dr. Fernando Lino Vázquez. As sesións terán lugar todos os xoves de marzo (días 6, 13, 20 e 27) de 20:15 a 21:30 na Casa Común de Cacheiras. O Dr. Fernando Lino Vázquez leva máis de dez anos impartindo este tall [...]

Charla da Doutora Charo Vázquez: bene...

Charla da Doutora Charo Vázquez: benestar físico e psíquico
En Teenses pola Igualdade temos o pracer de convidar ás nosas persoas socias a unha interesantísima e educativa charla que impartirá a Doutora Charo Vázquez, especialista en Medicina de Familia. A doutora ofrecerá consellos valiosos sobre todo aquilo que inflúe para acadar un benestar físico e psíquico óptimo, ademais de resolver dúbidas e i [...]

Arquivos