Asociación para a participación das mulleres

A directiva de Teenses pola Igualdade participa no encontro «A axenda feminista galega: cuarta ola»

A directiva de Teenses pola Igualdade vén de participar no terceiro encontro da  «A axenda feminista galega: 4ª ola», que tivo lugar na xornada do 8 de febrero en Lugo, organizado polo Foro feminista Maruxa Mallo. Once organizacións feministas déronse cita para debater e continuar a construción dunha Axenda Feminista Galega, coa que poidamos sentirnos realmente representadas e na que poidamos ir introducindo debates, asuntos e propostas, algunhas xa vellas reivindicacións e outras novas, propipicadas polas novas realidades que van xurdindo na sociedade e esixen respostas específicas, como poidan ser as agresións sexuais grupais ou a aplicación práctica dos protocolos educativos de igualdade e identidade de xénero.

Como nas xornadas precedentes, a directiva de Teenses pola Igualdade non podía faltar nin deixar de colaborar nesta  xornada. Dende aquí aproveitamos para felicitar de novo ás organizadoras pola magnífica acollida e a organización en xeral da xornada, que resultou tan produtiva e acadou sobradamente os obxetivos marcados.

Queremos agradecer tamén ás relatoras, Marisol Bravos López, María Xesús Movilla Fernández e Paula Fraga Arias, polas súas clarificadoras ponencias e a seriedade e rigor co que foron tratados os temas propostos.

En primeiro lugar, Marisol Bravos López, mestra e opinadora-escritora así como loitadora de “Auxilia –Lugo” falounos en primeira persoa da dobre discriminación que sofren as mulleres con diversidade funcional, xénero – diversidade funcional, facéndonos reflexionar sobre distintos aspectos, dende o propio concepto de diversidade funcional ata a sobreexposición que sofre este colectivo de mulleres vítimas de abusos ou agresións sexuais, precisamente pola súa diversidade funcional, entre moitos outros. Afondou nos conceptos de “integración” fronte ao de “inclusión”, remarcando que cara este último temos que camiñar, pois claramente un mundo con diversidade é un mundo funcional. Quedamos cunha frase: “a natureza quérenos distintos, a sociedade quérenos iguais”. Dende Teenses pola Igualdade non podemos estar más de acordo coa necesidade de visibilizar nas nosas reivindicacións estas valentes mulleres con diversidade funcional do tipo que sexa, pois elas teñen dobres barreiras para todos os aspectos da súas vidas.

En segundo lugar, tivemos o grandísimo pracer de escoitar a María Xesús Movilla Fernández, enfermeira, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, doutora en Ciencias Sociosanitarias e vicerreitora do Campus universitario de Ferrol, que afondou cunha ollada directa e clara na saúde das mulleres. Os patróns patolóxicos son curiosamente moi semellantes en todas nós, e todas recibimos unha e outra vez as mesmas respostas estandarizadas, carentes dunha análise clínica específica dende a perspectiva da nosa bioloxía como mulleres. Non resulta raro que os protocolos de actuación ante determinadas patoloxías fanse dende a perpectiva da bioloxía masculina. Todo isto fai preciso esixir á sanidade un “diagnóstico diferencial feminino” para que a saúde das mulleres sexa, primero, tida en serio, e segundo, tratada tendo en conta a nosa bioloxía.

Por último, escoitamos con grande interese a Paula Fraga Arias, licenciada en Dereito, xurista e opositora á xudicatura, columnista, escritora e activista, falándonos desta volta, coa contundencia e seriedade que a caracteriza, da prostitución, dende a perspectiva xurídica no noso ordenamiento xurídico e cunha aproximación moi rigorosa a outras lexislacións de distintos Estados. Falounos das estratexias actuais empregadas para a súa lexitimación, e sobre de todo, na necesidade de proxectar que o feminismo é abolicionista, dende a súa orixe, sen matices.

Isto último destacámolo como de especial importancia dende Teenses pola Igualdade, porque actualmente estanse a sementar dúbidas e falsas divisións no feminismo, cando o feminismo teno claro, dende os Cuadernos de Quejas del siglo XVIII, das feministas sufraxistas ou as marxistas conceptúan do mesmo xeito: prostitución = violencia. Outras posturas non teñen oco no feminismo. O feminismo é abolicionista, non prohibicionista.

Neste senso, fixo fincapé nunha serie de propostas abolicionistas baseadas no modelo nórdico, que pasan pola descriminalización das mulleres prostituídas, as axudas integrais para a reinserción das mulleres que queran deixar a prostitución, implementar programas de sensibilización en medios de comunicación e centros escolares ou a prohibición de burdeis, entre outras moitas.

Dende Teenses queremos descatar o noso compromiso por combater moi duramente a estratexias actuais empregadas dende certos sectores, entre eles o Lobby Proxeneta, para lexitimar a prostitución, mensaxes que calan moi fondamente dende unha perspectiva falsamente “postmoderna” e “neoliberal” que avoga pola regulación da prostitución baseándose na “liberdade individual”, a “libre elección”, as melloras que se introducirían no “traballo sexual”, entre outras.

Acabamos este último apartado cunha frase de Françoise Héritier : “decir que las mujeres tienen derecho a venderse, es ocultar que los hombres tienen derecho a comprarlas”.

Froito desta xornada, complementarase o documento que se está a confeccionar para a consecución da “Axenda Feminista Galega” coas achegas e conclusións dos distintos temas abordados nos tres grupos de traballo desta xornada lucense.

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*