Asociación para a participación das mulleres

Quen somos

Para que nos xuntamos?

Co convencemento de que o patriarcado dividiu de forma inxusta a vida das mulleres a favor dos homes, non pretendemos cambialo por unha sociedade matriarcal que sería tan inxusta como a anterior, senón que intentamos alcanzar a igualdade de oportunidades en todos os eidos da vida de forma conxunta, todos os seres humanos cremos na posibilidade dun mundo mellor, baseado na intelixencia e non na forza física.

Así, levaremos a cabo accións encamiñadas a que os dereitos recoñecidos polas leis ás mulleres, sexan exercidos como tarefa prioritaria polos gobernos da nación, da autonomía e do concello.

Consideramos imprescindible acadar a participación social e política das mulleres ao obxecto de conseguir unha sociedade cada vez máis alonxada das inxusticias.

Como o faremos?

Mediante campañas de información e sensibilización que permitan recoñecer os valores positivos da igualdade, implicando especialmente nesta tarefa aos medios de comunicación.

Implicar a todas as persoas nos aspectos positivos do reparto igualitario das obrigas familiares, profesionais e sociais.

Desenvolver unha acción conxuntada e coordinada cos sectores educativos e da formación, dirixida á diversificación das opcións profesionais cara o futuro, especialmente as vinculadas ás novas tecnoloxias.

Promover iniciativas locais encamiñadas a garantir o acceso das mulleres á creación de empresas.

Estudar fórmulas para a protección social das traballadoras a domicilio para lograr a súa participación no proceso de producción e da vida social.

Informar ás mulleres dos seus dereitos e posibilidades por todos os medios ao noso alcance (publicacións, seminarios, encontros…).

Contactar con outros grupos organizados que persegan fins similares aos nosos, para o intercambio de experiencias exitosas cara á igualdade de oportunidades.

Loita contra a prostitución como unha forma de escravitude e contra o proxenetismo.

Colaborar con iniciativas e campañas dirixidas a promover a paz, a solidaridade e a cooperación entre as persoas e pobos.

Apoio aos sectores sociais máis desfavorecidos (prostitución, drogodependencia, alcoholismo, persoas maltratadas, terceira idade, minusvalías, poboación reclusa…).

Facilitar a integración social das minorías étnicas traballando pola súa dignificación como seres humanos.