Asociación para a participación das mulleres

Monthly archives for marzo, 2020

Loitando polos dereitos das mulleres ...

Loitando polos dereitos das mulleres con discapacidade
Teenses pola Igualdade participou o pasado 10 de marzo nos actos organizados pola Comisión da Muller de Cermi Galicia, que levaban por título «Muller con discapacidade e protección ante a violencia. Estamos protexidas?» Na primeira das conferencias, moderada por Laura Seara, Asesora Nacional da Fundación Mulleres, participaron Rosalinda Carr [...]

Cancelada a Décima Festa das Mulleres...

Cancelada a Décima Festa das Mulleres con motivo do Covid 19
Tras as recomendacións das autoridades sanitarias ante a expansión do coronavirus  no noso país, a xunta directiva de Teenses pola Igualdade decidiu suspender a décima edición da Festa das Mulleres, cuxa celebración estaba prevista o vindeiro sábado 14 de marzo en Rarís.

Mulleres pioneiras

Mulleres pioneiras
Co gallo do Día Internacional da Muller Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, participou no Debate «Pioneiras: mulleres mudando o mundo», que tivo lugar o pasado 7 de marzo en Camariñas. No coloquio participaron mulleres referentes en distintos ámbitos profesionais, coma Silvia Viquiera, membra de Xornalistas Galegas, M [...]

Teenses pola Igualdade pecha 2019 con...

Teenses pola Igualdade pecha 2019 con numerosas actividades
A Asociación Teenses pola Igualdade celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria o pasado xoves 27 de febreiro na súa sede da Escola Unitaria de Vilanova, en Recesende. Durante a xuntanza Rosa Martínez Boquete, secretaria da Asociación, fixo balance das múltiples actividades de carácter formativo, informativo e cultural levadas a cabo durante [...]