Asociación para a participación das mulleres

Fin de Semana no Xurés Galaico-Portugués

 

 

 

Soejo e os seus horreos colectivos

Soajo e os seus espigueiros comunitarios

Un nutrido grupo de Teenses Pola Igualdade desplazámonos esta fin de semana a pecorrer unha pequena parte das Terras da Baixa Limia e o Xurés Galaico-Portugués. Dous días repletos de armonía onde amáis de deleitarnos ca inenarrable beleza das súas paisaxes, tivemos a oportunidade de acercarnos un pouquiño a nosa historia e forma de vida dos nosos antergos.

Recompensa de 7 kms de subida case en vertical

Recompensa de 7 kms de subida case en vertical

Percorremos un pequeno anaco da calzada romana Vía Nova, contemplamos a vida en liberdade da chamada vaca cachena e a beleza do can de augas portugués que ten un monumento no pobo portugués de Soajo famoso polos seus hórreos colectivos (espigueiros comunitarios  construídos sobre laja de pedra). Parte da xente máis en forma, foi quen de subir case en vertical a Meadinha sete kilómetros que desembocan nunha paisaxe fermosísima de pedra e auga Lago de A Peneda. Outros quedamos enbaixo para visitar o Monasterio de A Peneda onde se venera una pequeña estatua de Virxen case que miniatura repousando sobre un espléndido e grandioso Altar.
O xantar con bacallao en Castro Laboreiro, a cena de arroz negro con corzo do Lusitano en Lobios, o cocido portugués, a degustación do pan quentiño feito en forno de pedra así como o incomparable cocido en Pitoes foi todo un regalo para o noso paladar.

 

No centro de Interpretación de Lobios

No centro de Interpretación de Lobios

Quedame na retina as dúas aldeas pertecentes ao Couto Misto que poidemos contemplan dende lonxe. : Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas deSantiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus. Ocupaba unha superficie de 26,9 Km² e tiña, en opinión de Pascual Madoz, unha poboación de 200 veciños no 1845, é dicir, o equivalente a 800-900 habitantes. Gozou de privilegio especial que fixo que estas aldeas non pertenecesen nin ao reino de España nin de Portugal dede o século XII ao XIX, poloque non pagaba impostos nin mandaba homes a guerra entre outros moitos privilexios. Está considerado a expresión máis antigua de Europa do que se podería chamar Estado Democrático. Vimos moito, pero quedámonos sin poder cumplir o itinerario previsto, polo que prometemos volver ao Xurés

Parte do grupo a entrada do Campamento romano

Parte do grupo a entrada do Campamento romano

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*