Asociación para a participación das mulleres

Visitamos a Exposición Alén dos xéneros

 

 

Da man da comisaria da Exposición Anxela Caramés, un grupo de Teenses Pola Igualdade visionamos  a Exposición Alén dos Xéneros ubicada no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela

As obras foron estruturadas a través de tres grandes bloques temáticos: a relación entre o feminino e o feminista, que trata temas como a maternidade, os roles de xénero ou o traballo do fogar; o cuestionamiento da masculinidad; e, por último, os corpos e as sexualidades queer, nun intento de visibilizar novas identidades e reflexionar sobre os códigos de xénero.
Os artistas que participan cos seus traballos, son tanto homes como mulleres. «É importante mostrar que non só as artistas poñen atención a temas de xénero, senón que tamén hai homes que traballan sobre estas cuestións», afirma a comisaria. A intención é que os asistentes saian da exposición cunha visión máis diversa e sen prexuízos.

 


Este proxecto, realizado en coprodución co MARCO de Vigo , ofrece unha revisión das prácticas artísticas feministas en Galicia a través dunha selección de obras de medio centenar de creadoras e creadores e que con excepción das obras realizadas a finais dos setenta por Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, 1948), pioneiro á hora de dar visibilidade ao colectivo homosexual no Estado Español foron producidas desde os anos noventa ata a actualidade.

Non se atoparon comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*