Algunhas Teenses retratámonos na entrada
Un nutrido grupo de Teenses Pola Igualdade visitou o pasado sabado 1 de xulio a Horta de Carmen Dubra en Procelas, con ocasión de celebrar a mesma unha Xornada de Porta Abertas.
Elena explícanos mediante un video detalles da Explotación Dubra
Dá man dá monitora Elena aprendemos que á agricultura ecolóxica, orgánica ou biolóxica1 é un sistema de cultivo de explotación agrícola autónoma baseada na utilización óptima dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos sintéticos, ou organismos xenéticamente modificados nin para abono nin para combater as pragas nin para cultivos, logrando desta forma obter alimentos orgánicos ao mesmo tempo que se conserva a fertilidade da terra e respéctase o medio ambiente. Todo iso de xeito sostible, equilibrado e mantenible.
Os principais obxectivos da agricultura orgánica son a obtención de alimentos saudables, de maior calidade nutritiva, sen a presenza de sustancias de síntese química e obtidos mediante procedementos sostibles.
Unha pequena mostra da explotacion cuberta
Durante toda a mañá fixemos un detido e exhaustivo recorrido polas enormes instalación da Horta, visitamos os talleres de mimbre, elaboracion de pan a man preparados de herbas mediciñais.
Finalmente tódolos visitantes podemos degustar un espléndido almorzo ecolóxico regado con viño da cosecha propias dos Dubra.
Quedamos asombradas de que no noso concello poidemos contar cunha explotación tan extensa e de tan alta categoría. Prometemos volver.
|