Asociación para a participación das mulleres

Unha nova forma de violencia de xénero

Un psicólogo patentou o Síndrome de Alienación Parental nos 8o Por Marcos Sueiro- O Xornal.com-29/5/2011

A xustiza en temas de familia, tanto no referido aos procesos de separación e divorcio e á tutela sobre os fillos menores, empezou a dar como válido en España a alegación da chamada Síndrome de Alienación Parental (SAP) consistente segundo explica en termos coloquiais a psicóloga Sonia Vaccaro en ?a influencia malintencionada dun dos proxenitores sobre o menor para que teña unha mala relación co outro e en consecuencia rexéiteo e non queira estar con el?. O que ocorre, en opinión desta psicóloga, é que nin a psicoloxía, nin a psiquiatría recoñecen a existencia desta síndrome ?porque non cumpre as características clínicas necesarias e porque a súa enunciación foi o resultado dun delirio do estadounidense Richard Gardner que ideou o SAP para defender a un home acusado de incesto?. En realidade Vaccaro asegura que ?é un novo elemento procedente da cultura patriarcal que ten como misión prexudicar á muller e exercer violencia sobre ela?. Con todo e a pesar da rotundidade co que o anuncia, distintos xuíces téñeno en conta e fundamentan as súas decisións xudiciais baseándose no chamado SAP. Tamén o defensor do Menor da Comunidade de Madrid no ano 2002 subvencionou, segundo Vaccaro, un libro escrito por un profesional andaluza da psicoloxía no que se xustifica a existencia desta síndrome. O máis grave de todo o proceso é que ?o seu recoñecemento lexitima as relacións entre adulto e menor e recolle a idea de Gardner de que o menor pode chegar a provocar situacións sexuais?. A psicóloga leva máis aló as consecuencias ?porque moitos tribunais do mundo desenvolvido ao detectar o SAP borran o antecedentes previos de violencia de xénero que se poden dar na parella e introduce a coacción xudicial ao obrigar ao menor a irse co pai?. Tal como recolle Vaccaro no seu libro Síndrome de Alienación Parental ?isto fíxose e faise en España. atopamos a mulleres con multas de 70.000 euros, mulleres que ingresaron en prisión e criaturas en poder do seu violador ou maltratador?. As primeiras victimas do SAP en España organizáronse e, en concreto, dous menores no seu día e hoxe adultos, fixeron unha petición ao Parlamento Europeo e o pasado 24 de maio recibiron resposta instando á Comisión Europea a tomar medidas e a estudar o asunto. Nos últimos anos os profesionais que denuncian e sitúanse enfronte deste mal chamado síndrome alertan dunha ?metamorfose do SAP? para pasar a chamarse ?obstaculización do vínculo ou interferencia parental?. E é con estas novas denominacións como se recolle nas numerosas sentenzas pronunciadas polos tribunais. Vaccaro asegura que ?no 77% das causas civís pola custodia dos fillos hai referencias ao SAP e no 23% das penais?. No entanto, ao seu xuízo o máis grave é que ?trátase dunha nova forma de violencia de xénero aínda que este invisibilizada?. Os profesionais denuncian que detrás destes movementos e de ?a teorías da ameaza? está un substrato patriarcal evidente e a reivindicación dos conservadores dunha prevalencia do home sobre a muller. Para contrarrestar esta ofensiva, as asociacións de mulleres invitan ao asociacionismo e á denuncia, para evitar o que xa sucede en Italia, onde o SAP está incorporado á lei de familia.