Asociación para a participación das mulleres

Recoñecemento institucional a Teenses Pola Igualdade polo seu compromiso coa igualdade

Desde Teenses Pola Igualdade queremos compartir con orgullo que a nosa asociación será distinguida polo Concello de Teo cunha mención de honra pola traxectoria de máis de 21 anos traballando pola igualdade entre mulleres e homes.

Esta proposta será presentada no Pleno do vindeiro mércores, xunto ao nomeamento como fillos adoptivos do concello de dúas figuras moi queridas e admiradas: o humorista Roberto Vilar e o historiador Rafael Romero Masiá. Para nós é unha honra compartir recoñecemento con persoas que tanto teñen contribuído á cultura, á historia e á identidade do noso país.

O acto institucional terá lugar o 23 de maio de 2025, nunha data que será moi especial para todas as persoas que formamos parte desta asociación, e que sentimos este recoñecemento como un agradecemento colectivo ao traballo feito desde o compromiso, a sororidade e o activismo feminista.

Esta mención de honra non é só un premio ao pasado, senón tamén un impulso cara ao futuro. Un recordatorio de que o camiño andado tivo sentido, e que o que queda por facer seguiremos facéndoo con forza, ilusión e responsabilidade.

Grazas ao Concello de Teo por visibilizar a nosa labor. Grazas a todas as persoas que nos acompañades, participades e confiades no noso proxecto. Este recoñecemento tamén é voso.

#TeensesPolaIgualdade #21AnosDeLoita #Igualdade #Feminismo #Teo

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos