Asociación para a participación das mulleres

Poema «Contra a Violencia de Xénero» Por Xoan Xosé Fernández Abella

Teenses pola igualdade: O soneto que escribo ó rematar esta páxina, foi recitado por min unha vez finalizada a charla-coloquio «Homes contra a violencia de xénero» de teenses pola igualdade, e cuia mesa integrárona, o día 25 de novembro de 2.013, Alex Gómez Aragón, Experto en Malos Tratos e Funcionario do Corpo Nacional de Policía, Ezequiel Mosquera Míguez, Ciclista e campeón teense e Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ou!, violencia de xénero, asasina,

cancro cruel da nosa sociedade,

sima da cobardía e da maldade,

onde todo o terríbel se aglutina.

 

O perverso machismo determina

a túa conduta de inhumanidade,

triunfo perfecto da bestialidade,

ó que o cobarde a súa ruindade inclina.

 

Máis cá outras violencias existentes

os cómplices mantéñente ignorada.

Hai que te denunciar e ser valentes!

 

E hase senti-la vítima amparada

e protexida contra os delincuentes,

ata que ti non sexas derrotada.

 

 

Os Tilos, 20/novembro/2007

 

 

 

 

Xoán Xosé Fernández Abella

Arquivos