Asociación para a participación das mulleres

Teenses pola Igualdade réndelle homen...

Teenses pola Igualdade réndelle homenaxe a Malena Suárez Silva na nova edición da Festa das Mulleres
O pasado sábado 11 de marzo tivo lugar unha nova edición da tradicional Festa das Mulleres organizada pola nosa Asociación. Este 2023 contou coa participación de catorce asociacións do noso concello, así como coa colaboración de varias entidades e establecementos teenses. Malena Suárez Silva foi a muller homenaxeada este ano polo seu gran la [...]

Marilar Aleixandre presenta «As malas...

Marilar Aleixandre presenta «As malas mulleres» en Teenses pola Igualdade
Teo, 10 de febreiro de 2023. O pasado mércores 8 de febreiro celebramos na mediateca O Grilo de Cacheiras a segunda sesión do Ciclo Lecturas pola Igualdade. Nesta ocasión contamos coa recoñecida escritora Marilar Aleixandre impartindo unha conferencia-coloquio sobre a súa obra «As malas mulleres». Esta novela, recoñecida co Premio Blanco [...]

Comezamos as nosas Lecturas pola Igua...

Comezamos as nosas Lecturas pola Igualdade coa presentación do libro «Eu son Exeria», de Marisa Vidal Collazo
Teo, 3 de decembro de 2022. Onte pola tarde na Mediateca d’Os Tilos tivemos o pracer de escoitar a Marisa Vidal Collazo e Sole Pite, autora e ilustradora do libro «Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe do século IV», publicado pola Editorial Galaxia. Este ensaio narra a viaxe de Exeria, unha muller afouta movida pola fe e a [...]

Nova etapa en Teenses pola Igualdade ...

Nova etapa en Teenses pola Igualdade con Balbi González Morcillo coma presidenta
Tras a Asemblea Extraordinaria de Socias e Socios, celebrada onte ás 20,30h na Mediateca do Grilo (Cacheiras), a nosa Asociación conta cunha nova xunta directiva aprobada por unanimidade. Balbi González Morcillo, ata agora vicepresidenta de Teenses pola Igualdade, substituirá no cargo a Rosa Gómez Limia. Mercedes González Rodríguez (Clau [...]

Teenses pola Igualdade presenta o doc...

Teenses pola Igualdade presenta o documental «A memoria dos lugares»
Socias e socios de Teenses pola Igualdade estades convidados ao visionado do documental «A memoria dos lugares». Esta actividade terá lugar vindeiro venres 10 de xuño ás 19h na sede da nosa Asociación, en Recesende. «A memoria dos lugares» é unha viaxe ao pasado a través da memoria dun grupo de mulleres que nos redescobren parte do no [...]

Unha festa da palabra fermosa e emoti...

Unha festa da palabra fermosa e emotiva
O pasado venres 20 de maio tivo lugar no Hotel Congreso de Teo a entrega de premios da VIII Edición do Certame de Poesía María Mariño, organizado pola nosa Asociación. O acto contou coa presenza dos autores premiados, Francisco Fernández Dávila e Inmaculada Núñez, de tres membros do xurado, os escritoes Beatriz García Turnes, Rosalía Morlán [...]

O acto de entrega dos Premios María M...

O acto de entrega dos Premios María Mariño terá lugar o 20 de maio á tardiña
As socias e socios de Teenses pola Igualdade estades convidadas á entrega de premios do Certame de Poesía María Mariño 2022. O acto terá lugar o vindeiro venres 20 de maio ás 21h no Hotel Congreso (Teo). Neste encontro literario desfrutaremos dos versos recitados polos autores premiados na actual edición, Francisco Fernández Dávila e Inmacul [...]

Francisco J. Fernández Davila e Inmac...

Francisco J. Fernández Davila e Inmaculada Núñez gañan o VIII Premio de Poesía María Mariño
O xurado do Certame de Poesía María Mariño, organizado por Teenses pola Igualdade, reuniuse onte en Teo para decidir os poemas gañadores desta oitava edición. Tras a deliberación, o primeiro premio recaeu no poema «The walking verses ou o ataque dos poemas zombis», do autor Francisco Javier Fernández Davila, e o segundo premio correspond [...]

As nosas Martabelas voltan ao escenar...

As nosas Martabelas voltan ao escenario
Tras o obrigado parón da pandemia, as nosas Martabelas volven actuar. O grupo de teatro de Teenses pola Igualdade representará a peza «Un bombón inesperado». A cita terá lugar o vindeiro 10 de maio no IES Rosalía Mera (antigo Calvo Sotelo) de A Coruña. Moita sorte, artistas!

COMUNICADO OFICIAL DA XUNTA DIRECTIVA...

COMUNICADO OFICIAL DA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE EN RELACIÓN AO SUCESO ACAÍDO NA CELEBRACIÓN DA XII FESTA DAS MULLERES
Teo, 17 de marzo de 2022. Dende a xunta directiva da Asociación Teenses pola Igualdade queremos manifestar o noso fondo pesar polos sucesos acaídos o pasado sábado 12 de marzo no Auditorio Municipal d’A Ramallosa (Teo) co gallo da celebración da XII Festa das Mulleres. En primeiro lugar, as membras e membros da xunta directiva abaixo as [...]