Asociación para a participación das mulleres

O prazo de recepción de poemas do Certame María Mariño finaliza o 30 de decembro

Aquelas autoras e autores que desexen presentar os seus poemas ou composicións á Oitava Edición do Premio María Mariño aínda están a tempo. A xunta directiva da Asociación Teenses pola Igualdade decidiu este 2021 ampliar o prazo ata o 30 de decembro debido ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir por mor da pandemia. Outra das novidades contempladas é que as obras poderán remitirse en formato físico ou dixital. Velaquí as novas bases do premio.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*