Asociación para a participación das mulleres

NOVAS : CHARLA SOBRE MEDIACIÓN EN CONFLICTOS

O vindeiro 27 de marzo a partir das 8 do serán nos locais da Asociación en Recesende, terá lugar unha charla informativa sobre os beneficios das técnicas de mediación para resolver conflictos. A charla será impartida por experimentado profesional que ven avalado por longo curriculum na materia.

DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DA MEDIACIÓN

    A mediación é unha forma de resolver conflitos entre duas ou máis persoas, coa axuda dunha terceira persoa imparcial, o mediador. Os mediadores poden ser alumnos, profesores, pais. Non son xuíces nin árbitros, non impoñen solucións nin opinan sobre quen ten a verdade, o que buscan é satisfacer as necesidades das partes en disputa, regulando o proceso de comunicación e conducíndoo por medio duns sinxelos pasos nos que, se as partes colaboran, é posible chegar a unha solución na que todos gañen ou, polo menos, queden satisfeitos.

    Experiencias como estas estanse levando a cabo actualmente nalgúns centros educativos e, máis aló da solución aos problemas interpersoais, o que promoven é un modelo de convivencia máis pacífico.

    A mediación é VOLUNTARIA, é CONFIDENCIAL, e está baseada no DIÁLOGO.

    A mediación pode resolver conflitos relacionados coa transgresión das normas de convivencia, amizades que se deterioraron, situacións que desagraden ou parezan inxustas, malos tratos ou calquera tipo de problemas entre membros da comunidade educativa.