A xunta directiva de Teenses pola Igualdade reuniuse a finais do mes de setembro co obxecto de planificar o novo calendario de actividades para o curso 2020/2021. A primeira delas será unha conferencia informativa sobre o coronavirus.
Todas as actividades da Asociación cumprirán o protocolo sanitario de prevención da COVID-19 coa finalidade de garantir a seguridade de todas as nosas socias e socios.