Nestes últimos días estamos asistindo a unha serie interminable de asesinatos perpetrados nun grupo de persoas cuio denominador común esgrime tan só o feito de seren mulleres.
As organización feministas estamos chegando a un tan alto grao de indignación que estámonos plantexando tomar medidas moito máis fortes que as que estivemos realizando ata este momento.
Non nos valen xa os minutos de silencio, nin as concentracións silenciosas, nin as manifestacións multitudinarias, nin a inhibición da clase política, nin o silencio cómplice da xente en xeral demasiado afeita á cotidianidade asasina que, un día sí e ao siguinte tamén aparecen incesantemente nos medios de comunicación: «Mujer «muerta» a manos de su compañero sentimental». Morta? eufemismo aviesamente utilizado polos medios de comunicación para ocultar l¡a realidade: asasinato.
Quizias teña chegado a hora de recabar ou poñer en práctica medidas máis contundentes que nos leven a intentar parar esta pandemia insoportable de asasinatos en serie.
De momento colgamos un lazo negro en recordo de tódalas mulleres inocentes asasinadas ata o día de hoxe.