Asociación para a participación das mulleres

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA AS MULLERES 2013

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 NOVEMBRO 2013

 

 

Ante esta a Xornada de Loita contra a Violencia de Xénero, a Asociación de Mulleres e Homes, Teenses Pola Igualdade

QUEREMOS MANIFESTAR:

 

Que a violencia de xénero é unha escandalosa realidade que cada día se estende  máis e  e máis afectando xa a toda a sociedade, o que significa un craro síntoma de que algo non vai ben, de que algo non marcha

 

 É a evidencia cotiá das nosas humanas contradicións cuias consecuencias son terribles: centos de miles de mulleres viven subxugadas e atemorizadas ante unha inhumana situación de terror físico e psicolóxico encarceladas nos seus fogares e ámbitos máis inmediatos.

Decenas de mulleres morren cada ano, no noso país, a causa do sexismo, o medo e o odio duns homes que bnun tempo xuraron amalas. Como consecuencia desta horrorosa combinación de amor odio, xorde unha situación na que centos de miles de mulleres  e os seus fillos viven baixo a agresión continua, física ou psicolóxica, das súas parellas ou exparellas.

 

Por elo, sentímonos na obrigade denunciar ben alto e ben craro que a violencia é posible porque a poboación en xeral mantén demasiado a miúdo algún tipo de complicidade, tolerancia ou indiferenza ante a violencia cara ás mulleres actitudes que están a perpetuar e aumentar o que sen dúbida é o problema máis grave a inxusto  no que se sumerxe a nosa actual sociedade.

 

Como cada día, como cada semana, como cada mes, como cada ano… como sempre, neste mesmo momento, millóns de mulleres están a ser maltratadas por outros tantos homes, en todo o planeta. E iso acontece para vergoña de todo o xénero humano.

 

No que vai de ano no noso País, 62 mulleres foron asasinadas por violencia machista, e calcúlase que, aproximadamente 800.000 nenos sofren na súa contorna con gran intensidade a violencia de xénero.

 

Teenses Pola Igualdade quere aproveitar esta plataforma para facer denuncia pública desta violencia cada vez máis estructural, e  recabar un  das administración públicas un  compromiso  auténtico e decidido contra a mesma que e impide o desenvolvemento pacífico dunha gran mayoría de mulleres e nen@s.

 

Declarámonos insumisas ante as políticas económicas que colocan as mulleres encabezando as cifras da pobreza e as listas dun desemprego case que sempre precario.

Imos a ser rebeldes ante aqueles que reservan para nós  o papel de protectoras, segregan as aulas por sexos, pracrican políticas de axuste derivadas dunha crise neoliberal da que non somos culpables e que nos alonxan  da posibilidade de desenvolver e facer posible as nosas propias capacidades individuais.

 

Facémonos eco da advertencia que fan a Organización Mundial da Saúde, o Parlamento Europeo e o Fondo Monetario internacional cando establecen que existe relación directa entre acrise a precariedade, a pobreza, e as políticas de axuste, co o aumento de violencia contra as mulleres.

 

Reclamamos dos poderes públicos aportación de maiores recursos económicos para o desenvolvemento das políticas de igualdade entre mulleres e homes, prevención da violencia de xénero, e para cuidado da infancia e persoas dependentes.

 

Somos conscentes que sen autonomía económica, sen coeducación, sen respostas das institucións e de toda a sociedade non será posible  xamais, chegar a facer efectivo que mulleres e homes vivan as súas vidas libres e iguales en dignidade e xustiza.

 

Finalmente, como sempre, facemos nosas as verbas de Gioconda Belli:

 

Mulleres danzan á luz da miña lámpara.

Sóbense ás mesas. Din discursos incendiarios.

Cércanme cos sufrimentos. As marcas do corpo.

O alumeamento dos fillos.

O silencio das olorosas cociñas.

Os efémeros, tensos, dormitorios.

Mulleres enormes.