Asociación para a participación das mulleres

Gómez Besteiro. debate en Teo

Besteiro (800x600)Gómez Besteiro, Pilar Cancela e Rosa Gómez Limia

20/2714

Facía tempo que algunhas dás persoas de Teenses, andábamoslle dando voltas a idea de  realizar unas  xornadas de traballo con líderes e persoas relevantes da política galega. A idea recollía a  nosa intención de  facer unha especie de exposicións ou confrontacións sobre as múltiples  inquedanzas que nos están a producir  os vertinoxos acontecementos da presente actualidade.

Temas que xa criamos superados como o aborto,  xunto coa progresiva extinción dá lei de dependencia, o crecente empobrecemento da población que afecta fai das mulleres as más pobres entre os pobres por mor da precariedade laboral dos seus traballos…

E onte foi o día no que se fixo realidade este desexo. Nunca poidemos crer que nada menos que o recentemente  elexido Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro acompañado dá Sª de Organización Pilar Cancela, fosen as persoaxes que lle puxeran data e hora a esta idea.

Durante duas longas horas escoitaronnos e debatiron connosco nun perfecto feed back establecido pola enorme atención coa que sen dúbida ambos  políticos escoitaron as intervencións que recollían as inquedanzas  dás persoas que abarrotaban o noso local de Recesende.

O tema estrela foi,  como non? o intento no que está o Goberno do Presidente Rajoy de modificar a Lei de Saúde Sexual  e   Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo.

Interesante debate e interesantes conclusións, onde houbo moitas e moi boas aportacións establecidas tamén por algúns dos varóns presentes.

” Asegúrovos que levo unha visión moi ampla sobre varios temas e moi especialmente da mal chamada  Lei do aborto, cando en realidade,  trátase dunha Lei de Interrupción Voluntaria do embarazo”- asegurou o Sr. Besteiro.

A experiencia foi tan gratificante que moi certo é que é a nosa intención intentar repetila  en cantas ocasións nos sexa posible, xa que moit@s de nós pensamos que é imprescindible e necesario, que os políticos baixen a rúa en tódalas ocasións para coñecer directamente  cales e cantos son vos problemas que nos afogan a diario; eles teñen foros de voz ampla que a nós, evidentemente, nos son vedados.

Desde aquí a nosa felicitación e o noso agradecemento máis sinxelo ao sr. Besteiro e  a sra. Cancela