Gómez Besteiro, Pilar Cancela e Rosa Gómez Limia
20/2714
Facía tempo que algunhas dás persoas de Teenses, andábamoslle dando voltas a idea de realizar unas xornadas de traballo con líderes e persoas relevantes da política galega. A idea recollía a nosa intención de facer unha especie de exposicións ou confrontacións sobre as múltiples inquedanzas que nos están a producir os vertinoxos acontecementos da presente actualidade.
Temas que xa criamos superados como o aborto, xunto coa progresiva extinción dá lei de dependencia, o crecente empobrecemento da población que afecta fai das mulleres as más pobres entre os pobres por mor da precariedade laboral dos seus traballos…
E onte foi o día no que se fixo realidade este desexo. Nunca poidemos crer que nada menos que o recentemente elexido Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro acompañado dá Sª de Organización Pilar Cancela, fosen as persoaxes que lle puxeran data e hora a esta idea.
Durante duas longas horas escoitaronnos e debatiron connosco nun perfecto feed back establecido pola enorme atención coa que sen dúbida ambos políticos escoitaron as intervencións que recollían as inquedanzas dás persoas que abarrotaban o noso local de Recesende.
O tema estrela foi, como non? o intento no que está o Goberno do Presidente Rajoy de modificar a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo.
Interesante debate e interesantes conclusións, onde houbo moitas e moi boas aportacións establecidas tamén por algúns dos varóns presentes.
» Asegúrovos que levo unha visión moi ampla sobre varios temas e moi especialmente da mal chamada Lei do aborto, cando en realidade, trátase dunha Lei de Interrupción Voluntaria do embarazo»- asegurou o Sr. Besteiro.
A experiencia foi tan gratificante que moi certo é que é a nosa intención intentar repetila en cantas ocasións nos sexa posible, xa que moit@s de nós pensamos que é imprescindible e necesario, que os políticos baixen a rúa en tódalas ocasións para coñecer directamente cales e cantos son vos problemas que nos afogan a diario; eles teñen foros de voz ampla que a nós, evidentemente, nos son vedados.
Desde aquí a nosa felicitación e o noso agradecemento máis sinxelo ao sr. Besteiro e a sra. Cancela