No Hotel Congreso de Teo celebramos o Día das Letras Galegas, nesta ocasión adicadas a Xosé Filgueira Valverde, coa entrega dos Premios María Mariño de Poesía que este ano van xa pola súa V Edición.
Fixeron de mantenedores da Gala Beatriz Bravo, directora de teatro e actriz así como o seu compañeiro, Xurxo Barcala tamén director teatral e actor.
Os actos comezaron cunha moi divertida introducción dos mantenedores que fixeron rir ao numeroso público presente, que interrumpiron en varios momentos as súas agudas intervencións, acompañadas en todo momento pola música e as cancións de Alejandro Martín Olmedo quen sostivo animada a sesión durante toda a noite.
Tras que Beatriz Bravo fixese una breve semblanza da gañadora do 2º premio María Teresa Iglesias Yugat, a Presidenta Rosa Gómez Limia, procedeu a facerlle entrega a mesma, dun cheque de 200 euros, xentileza de Peluquerías Eleka de Compostela e Electricidad González de Teo. Tamén se lle fixo entrega dunha escultura da ceramista e escultora de Buño, Sabela Armán Labrador.
Ao suave son da música de «Lela» a gañadora foi debullando os fermosos versos do seu poema «Non Quero»
María Teresa Iglesias durante a lectura do seu poema «Non Quero»
Óscar García Ramos, levantouse co Primeiro Premio. Nado na Coruña en 1967, é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Bergondo e traballa como profesor de Lingua e Literatura no IES Francisco Aguiar de Betanzos. O primeiro texto literario que escribiu (non publicado) foi un conto infantil dedicado á súa filla Mariña. Dende entón continuou escribindo, de xeito bastante intermitente, relatos breves e microrrelatos, algúns publicados en volumes colectivos. Un deles, Crónica dunha ascensión, foi o texto gañador, na categoría de público en xeral, do 6º Concurso de relatos Ciencia que conta. Ultimamente ocupa os seus tempos libres cada vez máis a poesía.
Recibeu o premio consistente dun cheque de 300 euros e a escultura da artista de Buño, de mans da presidenta de Teenses Pola Igualdade, Rosa Gómez Limia
Arriba: Oscar García Ramos recibindo o seu Premio e parte do Xurado e Gañadores
A mesma escultura foille entregada ao Xurado encargado de dilucidar aos gañadores, Juana Corsina, Alfredo Conde, Javier Crespan, Paula Carballeira e Marisol López.
Trala ceremonia pública tivo lugar una cea e baile amenizado por un precioso repertorio escollido para esta ocasión, por Alejandro Martín Olmedo, a quen, en agradecemento polo seu esforzo se lle obsequiou cunha figura da escultura de Buño «Enfrascarse na lectura»