Asociación para a participación das mulleres

Fallado el VI Premio Maria Mariño de Poesía

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

O vindeiro día 19 de maio a nosa Asociación Teenses Pola Igualdade celebra o día das nosas Letras cunha Gala Literaria, no transcurso da cal as dúas poetas Premiadas co Primeiro e segundo premio do VI Certame de Poesía Maria Mariño, María Teresa Iglesias Yugat e Claudia Castro, darán lectura dos seus respectivos traballos gañadores.A continuación as empresarias que este ano patrocinan o Premio, Yolanda Tejo e Angélica Blanco Farán entrega a ambas poetas dos seus respectivos premios. A celebración continuará cunha cea e rematará coa musica bailable a cargo de o noso socio colaborador Alejandro Martin.
Un xurado de luxo integrado por Guillermina Dominguez, Ramón Brea, Marisol Lopez, María Xosé Rodriguez e Manuel Rodríguez, tivoo dificil “dada a alta calidade dos traballos presentados ao Certame”

Non se atoparon comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*