Asociación para a participación das mulleres

Discapacidade non é sinónimo de Incapacidade

Ames 1Esta mañá estiven no Milladoiro. Teenses Pola Igualdade había sido convidado pola Asociación Arcea para dar una charla sobre igualdade ao alumnado da mesma. Por uns días a pesares de tantas veces que teño falado sobre o tema nos últimos abos, sentinme invadida por certa preocupación por conseguir facerme entender pola clase de auditorio que me esperaba, ben particular, a boa fe.

Faleilles pois, da loita pola igualdade levada a cabo polo movemento feminista ao través dos últimos douscentos anos; de como a supremacía do poder foi conquerida xa dendde un primer momento polos primates a través da forza, e de como continuaban a repetirse afrentas á igualdade na actualidade…

No coloquio puden darme conta de que aquel auditorio ao que moitos dan en chamar “discapacitado” entendeu as mil marabillas o que significaba igualdade, conciliación, coparticipación etc-

Resultou ser para min, unha mañá ben reconfortante e feliz ; saín do Milladoiro coa sensación de que, certamente,  discapacidade non é o mesmo que incapacidade. No meu  interior pensei que os incapacitados están noutros lugares ben distintos aos que estaban hoxe nas aulas da Asociación Arcea no Milladoiro

 Noraboa pois,  as profesoras que educan e  saben conducir a esta xente tan encantadoramente afectiva.

Rosa Gómez LimiaAmes