O vindeiro xoves terá lugar a conferencia «Tomando conciencia para unha nova normalidade», organizada por Teenses pola Igualdade. A charla será impartida por Andrés Amado, licenciado en Farmacia, quen á súa vez será presentado por Javier Chantada, tamén licenciado en Farmacia.
Esta actividade celebrarase o xoves 8 de outubro ás 20h na Mediateca O Grilo (Cacheiras) con aforo limitado e gardando as medidas de seguridade vixentes.
Prégase confirmar asistencia remitindo unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 676052321 ou enviando un correo a teensespi@gmail.com