Asociación para a participación das mulleres

Cogumelos, Choiva, Ledicia, estreitando lazos igualitarios

Formacións naturais nos Grobos- Becerreá

Formacións naturais nos Grobos- Becerreá

 

Pois si, fúmonos a Os Ancares e pasamos duas xornadas deliciosas, tanto, que nin a suave choiva caída foi quen de enturbialas.

Había cogumelos dos bós e dos perigrosos pero a nosa micóloga Merche Nodar,explicounos polo miudo as característica de cada unha dás especies e os diversos usos e formas de cociñar cada unha delas.

Hospedámonos no Hotel OS ANCARES de Becerreá absolutamente novo e ben acondicionado, onde o seu propietario Agustín, fixo esforzos por conseguir que nos atopásemos a gusto, e a bó fe que o consigueu.

ANCARES9

Despois dunha expléndida cea a carta, aínda houbo excursionistas con gañas de bailar nun dos locales do pobo, o que resultou un improvisado hermanamento entre as duas vilas: Becerreá e Teo visto o bo entente que se estableceu entre os representantes de senllas vilas.

De agradecer é a charla que nos diron os integrantes da Asociación Os Ancares Xavier Moure e Jordi Ráfols, sobre as peculiaridades da Vía Kuning e  mesmo as dificultades coas que se están atopar con membros de certos sectores veciñales contrarios a que os fermosos Ancares  sexa declarado Parque Natural.

Tamén tivemos tempo para a cultura xa que poidemos visitar unha palloza/ museo en Cervantes, Mágoa que non houbese ninguén ao frente para facer o relato do que alí estivemos visionando, agás a boa vontade do paisano encargado de abrirnos as portas.

No Piornelo visitamos unha palloza que según nos dixo o propietario estaba tal e como quedou unha vez que foi abandoada polos seus derradeiros habitantes.

Tamén houbo un espazo de tempo para facer unha escalada e visitar o Castelo de Doiras da man do historiador Jordi Ráfols quen nos puxo o tanto das peculiaridades do mesmo e e dos seus avatgares históricos.

A gastronomía da zona é digna de toda loubanza; tivemos sorte e probamos o caldiño, a fabada, o churrasco de tenrreira, e como non? a bica da típica da zona. E cargamos con chourizos, pan e bica.

Como levabamos connosco duas integrantes do noso Grupo teatral, Martabelas, a viaxe converteuse nunha auténtica festa da comicidade sen límites.

En fin,  que empezamos a semana coas pilas cargadas e os ollos cheos das cores marabillosas que adornan de forma importante as altas montañas dos Ancares, teito de Galicia e que poidemos apreciar gracias a compaña do noso guia Marcos

ANCARES11

Ata sempre, Ancares

Rosa Gómez Limia

 

 

 

 

2 Comentarios

  1. Agustín's Gravatar Agustín
    noviembre 15, 2016    

    Ola Rosa:

    Foi un pracer a vosa visita e moi ben contado todo o feito na fin de semana.

    Eso si, hai un pequeno erro no nome do establecemento que é “Os Ancares”, xa sei que moi orixinal non é ;-).

    Unha aperta Rosa e a todo o grupo.

    • noviembre 16, 2016    

      O placer foi noso grupo se viu coas pilar recargadas, prometemos volver.

  1. Teenses pola Igualdade – Findes nos Ancares galegos on noviembre 25, 2016 at 12:42 pm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*