
Agasallos para o profesorado

Profesorado posando
O pasado venres día 7 de xullo , celebramos como cada ano a Festa de Fin de Tempada da nosa Asociación. Nesta ocasión fixémolo cunha cea de confraternidade entre o alumnado de todos os nosos talleres de formación, profesores, Xunta Directiva, socias/os e simpatizantes de Teenses Pola Igualdade.
A cea serviunos nesta ocasión como desculpa para permitirnos estreitar relacións sociais, establecer lazos humanos e afectivos, e intercambiar coñecementos e recordos entre quenes nos reunimos ao redor dunhamesa.
Nesta ocasión quedouse pequeno o espazo habilitado polos propietarios do Restaurante As Brasas de Milladoiro onde se celebrou a cea, o que obrigou a colocar unha segunda mesa para acoller as máis das 60 persoas reunidas nesta ocasión.
Moi de agradecer a presenza da Dra. Charo Vázquez apreciable colaboradora no Ciclo de Conferencias de Muller e Saúde que non quixo perderse a ocasión de confraternizar coas e os Teenses facendo ademais de fotógrafa parainmortalizar o acontecemento.
Non faltaron as palabras de agradecemento da Presidenta cara ao labor do profesorado, así como cara á dedicación constante e proveitosa do alumnado que asiste aos diferentes talleres de aprendizaxe.
Como unha mostra de agradecemento por

Xurxo Barcala o profe de Teatro bica á presidenta
parte da Xunta Directiva fíxose entrega aos diferentes educadores dunha escultura en cerámica de Buño realizada expresamente para a nosa Asociación ao tempo que se lles agradeceu a labor levada a cabo durante todo un ano.
O tempo xogou ao noso favor proporcionándonos unha noite cálida que convidou a moita da xente reunida a prolongar a xornada interpretando os cantos que forman parte do repertorio tradicional para esta clase de eventos