Asociación para a participación das mulleres

 “Café que non cala”: un espazo de reflexión, diálogo e compromiso polo 25

O pasado 28 de novembro, Teenses pola Igualdade celebrou o seu primeiro “Café que non cala”, un encontro para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A actividade, que tivo lugar no Hotel Congreso de Teo, converteuse nun espazo aberto de conversación, análise e participación cidadá arredor da igualdade, o feminismo e a loita contra a violencia machista.

Durante a tertulia compartíronse enfoques diversos, experiencias profesionais e reflexións profundas, lembrándonos que, malia as diferenzas políticas ou persoais, existe un mesmo obxectivo común: erradicar a violencia contra as mulleres e avanzar cara unha sociedade máis igualitaria.

Ao final do encontro abrimos o micro ao público, que achegou preguntas, opinións e emocións, facendo deste primeiro café-debate un momento vivo e enriquecedor.


 Agradecementos

Dende Teenses pola Igualdade queremos expresar o noso agradecemento:

  • Á moderadora, Lara Salgado Santos, pola súa profesionalidade, sensibilidade e capacidade para conducir o debate con fluidez.
  • Ás participantes da mesa, pola súa implicación e por compartir con nós visións tan valiosas:
    • Rosa Gómez Limia
    • Lucía Calvo de la Uz
    • María Vázquez Rey
    • María López Álvarez
    • Silvia Fraga
  • Ao público asistente, pola participación activa e respectuosa.
  • A Xente de Teo, con Iván Tourís, pola gravación do podcast e a súa colaboración desinteresada.
  • Ao Hotel Congreso e, en especial, a Angélica, pola súa excelente disposición e atención.

Este encontro enmárcase nun proxecto financiado pola Deputación da Coruña e polo Concello de Teo, que permiten que iniciativas como esta sexan posibles.


 Escoita o podcast

Grazas ao traballo de A Xente de Teo, xa podes escoitar o debate completo en iVoox:

👉 Ligazón ao podcast:
https://go.ivoox.com/rf/163435990


 Vela o vídeo do acto

Tamén tes dispoñible a gravación en vídeo na nosa canle:

👉 Vídeo en YouTube:


💜 Grazas por acompañarnos nesta primeira edición do “Café que non cala”.
Seguimos traballando por unha sociedade máis xusta, libre e igualitaria.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos