Asociación para a participación das mulleres

BLANCA QUINTANILLA ENCANDILÓ EN TEO

 

Blanca Quntanilla 3BLANCA QUINTANILLA ENCANDILÓ EN TEO

 

 

 

 

 

Reproducimos el excelente extracto que de la conferencia de Blanca Quintanilla ha aparecido en la página de Facebook perteneciente a la Asociación de Vecinos de Os Tilos:

 

 

 

Blanca Quintanilla di que «Beatriz y Leonardo» é un canto á amizade

 

Invitada pola Asociación Teenses Pola Igualdade, a escritora Blanca Quintanilla presentou na mediateca de Os Tilos, diante de máis de medio cento de persoas, o seu último libro sobre Leonardo da Vinci e as súas anécdotas como cociñeiro dos Sforza baixo o título de Beatriz y Leonardo e edición da autora.

 

Presentou o acto Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, cunha confesión: «Blanca só ten un defecto que eu lle coñeza: comezou tarde a escribir, pois é unha grande investigadora e historiadora frustrada e amosa unha literatura fermosa de fondo calado».

 

Tamén Blanca Quintanilla comezou cunha confesión cando, co gallo dunha viaxe a Bélxica, desviouse polo Loira e visitou o castelo onde Leonardo da Vinci fora cociñeiro de Francisco I xa nos últimos anos do artista e inventor. Un achádego que lle servíu de excusa para escribir o seu libro, unha homenaxe á amizade entre Beatriz e Leonardo e tamén unha homenaxe ao Renacemento italiano, unha época deslumbrante na Europa daqueles tempos. «Levoume dez anos escribir esta historia», dixo.

 

A súa investigación centrouse nunha muller singular, Beatriz, a muller de Ludovico Sforza, quen coincidiu no pazo con outro home excepcional, Leonardo da Vinci. «Quizáis porque a súa condición de homosexual podía inspirar unha amizade entre os dous, lonxe de toda dúbida», serve de excusa para pescudar nesta relación e, máis en xeral, polo papel da muller naquela época. «Levoume tempo compender ata que punto esas mulleres podían cuestionarse a súa posición na vida, a aceptación das súas obrigas sociais e a busca imperiosa da felicidade: serían tan intelixentes e libres como eu pretendo ou, pola contra,  o seu intelecto estaría retido, contido tiránicamente polo sentido do deber?». A resposta encontrouna en Isabel D’Este, unha erudita e intelectual casada co duque de Mantua, e que non só foi embaixadora e conselleira do se home, senón que tamén o amou con todas as forzas dándolle dez fillos ata que a sífile separounos carnalmente. Aínda así, seguiron a ser amigos e confidentes ata o fin dos seus días. Pero Quintanilla procuraba unha muller con problemas, que soportara infidelidades e que, polo tanto,  cuestionara o seu papel na vida e o seu dereito a ser feliz. E ninguén mellor que a irmá de Isabel, Beatriz, para coprotagonizar o fío argumental do seu libro de 248 páxinas.

 

Para ilustrar dun xeito gráfico a amizade, Quintanilla recorre a Frederic Nietzsche, quen deixou dito: «Coñezo a unha persoa moi especial, sobre a que non tiven que reflexionar endexamais: esa é a proba do grande amor que lle profeso».

 

Blanca Quintanilla é unha activa feminista e muller coraxe que fai xusta honra ao apelido do seu avó, Jaime Quintanilla Martínez, médico e escritor de tendencia socialista-galeguista, que foi alcalde de Ferrol na II República e fusilado tralo «alzamento » do 18 de xullo de 1936. Tamén foi alcalde de Ferrol o seu  pai Jaime Quintanilla Ulla. E tamén ela mesma formou parte da primeira corporación municipal democrática ferrolá, onde destacou por ser a creadora da primeira Casa de Mulleres Maltratadas que se instalou en Galicia, a segunda de toda España trala Casa de Mulleres Maltratadas de Barcelona.

Blanca Libro 2