Asociación para a participación das mulleres

Posts by teensespolaigualdade

MARÍA SOLINHA

MARÍA SOLINHA
Balbi González, vicepresidenta de Teenses pola Igualdade, recoméndanos unha película estreada este mesmo ano. Dirixida por Ignacio Villar, «María Solinha» reconstrúe a historia desta muller do século XVII acusada de bruxería e queimada pola Inquisición. https://fb.watch/1YTCOIyZtV/

CINE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CINE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, envía hoxe á nosa sociedade unha mensaxe reivindicativa para rematar cos asasinatos de mulleres a mans das súas parellas e ex parellas. Tamén nos recomenda que vexamos o filme «Precious», dirixido en 2009 por Lee Daniels e gañador de dous Óscars. A película narra a historia dun [...]

Sextina das mulleres mortas

Sextina das mulleres mortas
Moitas veces a expresión artística pode ser símbolo de beleza e crueldade a un tempo. Isto sucede co poema «Sextina das mulleres mortas», da autora luguesa Marica Campo. Nestes versos a autora denuncia a violencia de xénero dunha maneira fermosa e crúa. A nosa compañeira Rosa Martínez Boquete recita o poema. F

Estatísticas arrepiantes

Estatísticas arrepiantes
Con este primeiro vídeo, dende a Asociación Teenses pola Igualdade iniciamos unha serie de colaboracións audiovisuais de denuncia dos crimes machistas. Estamos convencidas de que so unha sociedade concienciada pode rematar con esta lacra. Como poderedes constatar na gravación, labor da nosa socia Sonia Barros, as cifras de mulleres e men [...]

Cultura contra a Violencia de Xénero

Cultura contra a Violencia de Xénero
Un ano máis a Asociación Teenses pola Igualdade quere achegar o seu gran de area para contribuír a erradicar a violencia de xénero no noso país. Así é como nace a iniciativa CULTURA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. O vindeiro 25 de novembro é a data declarada pola ONU como Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Neste 2020 dende [...]

Andrés Amado: «o correcto uso de másc...

Andrés Amado: «o correcto uso de máscaras é crítico para evitar o contaxio da COVID-19»
O pasado xoves 8 de outubro Teenses pola Igualdade organizou a conferencia «Coronavirus: tomando conciencia para unha nova normalidade». Esta charla, que tivo lugar na Mediateca d’O Grilo (Cacheiras), foi impartida por Andrés Amado, licenciado en Farmacia. Javier Chantada Abal, tamén farmacéutico, foi o encargado de realizar a presenta [...]

Lotería de Nadal á venda

Lotería de Nadal á venda
Como en anos anteriores, Teenses pola Igualdade pon á venda Lotería para o Sorteo Extraordinario de Nadal. O número da sorte para este ano é 80539. Para encargar a túa participación de Lotería podes remitir unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono 676052321 ou enviar un correo-e a teensespi@gmail.com

Conferencia sobre a nova normalidade ...

Conferencia sobre a nova normalidade derivada do coronavirus
O vindeiro xoves terá lugar a conferencia «Tomando conciencia para unha nova normalidade», organizada por Teenses pola Igualdade. A charla será impartida por Andrés Amado, licenciado en Farmacia, quen á súa vez será presentado por Javier Chantada, tamén licenciado en Farmacia. Esta actividade celebrarase o xoves 8 de outubro ás 20h na [...]

Novas actividades para o curso 2020/2...

Novas actividades para o curso 2020/2021
A xunta directiva de Teenses pola Igualdade reuniuse a finais do mes de setembro co obxecto de planificar o novo calendario de actividades para o curso 2020/2021. A primeira delas será unha conferencia informativa sobre o coronavirus. Todas as actividades da Asociación cumprirán o protocolo sanitario de prevención da COVID-19 coa finalida [...]

Loitando polos dereitos das mulleres ...

Loitando polos dereitos das mulleres con discapacidade
Teenses pola Igualdade participou o pasado 10 de marzo nos actos organizados pola Comisión da Muller de Cermi Galicia, que levaban por título «Muller con discapacidade e protección ante a violencia. Estamos protexidas?» Na primeira das conferencias, moderada por Laura Seara, Asesora Nacional da Fundación Mulleres, participaron Rosalinda Carr [...]