Asociación para a participación das mulleres

Posts by teensespolaigualdade

TALLER DE AUTOESTIMA

TALLER DE AUTOESTIMA
Comprácenos comunicarvos que comenzamos as actividades dentro do noso “Ciclo sobre Saúde Mental” co TALLER DE AUTOESTIMA, impartido por Fernando Lino Vázquez. Serán todos os xoves de febreiro, na Casa Común de Cacheiras, as 20.00h. Prazas limitadas!! Máis información e reserva: 676 052 321 info@teensespolaigualdade.org

IX PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO

IX PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO
A ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE de TEO Convoca: IX PREMIO DE POESÍA “MARÍA MARIÑO” Data: 2023/2024 Suxeito ás seguintes BASES: Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que o seu traballo estea escrito en galego. Non poderán present [...]

Acto na escola de Vilanova-Recesende

Acto na escola de Vilanova-Recesende
O día 23 de novembro, con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, Teenses pola Igualdade estivo na Escola unitaria de Vilanova Recesende para achegar aos nenos a importancia dos valores da igualdade, do respecto aos seres humanos e o rexeitamento da violencia. Dende a nosa asociación consideramos q [...]

Actos do Dia da eliminación da violen...

Actos do Dia da eliminación da violencia contra as muller
O pasado 23 de novembro, con motivo do Día internacional da eliminación da a violencia contra a muller tivemos un acto na Mediateca O Grilo de Cacheiras onde contamos con dúas invitadas de excepción, Chelo Cajide Lavandeira, directora y psicóloga do Centro de Información ás mulleres co concello de Teo (CIM de Teo), con unha ampla traxect [...]

Teenses pola Igualdade na entrega dos...

Teenses pola Igualdade na entrega dos premios Meninas 2023
A asociación Teenses pola Igualdade foi invitada á entrega dos premios Meninas 2023. Acudiron ao evento a Presidenta Balbina González Morcillo, a  vicepresidenta Zora Leis Barcia, a Tesoreira América Pernas Rodríguez e outros/as membros da Xunta Directiva. Unha vez rematado o acto tivemos a oportunidade de trasladarlle as nosas inq [...]

20 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DA ASOCIA...

20 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DA ASOCIACION TEENSES POLA IGUALDADE
Benqueridas/os socias/os, compañeiras/os, amigos, simpatizantes da nosa asociación Teenses pola Igualdade, Con emoción me dirixo a vos porque hoxe cumprimos 20 años dende que un grupo de mulleres en Teo, tras detectar o desamparo e carencia de recursos das mulleres, e movidas pola indignación das continuas agresións e discriminacións [...]

HOMENAXE A XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA

HOMENAXE A XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA
O derradeiro venres 28 de setembro celebrouse a homenaxe a XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA co gallo da presentación do seu libro póstumo “Ultimos poemas de eloxios e outros poemas”. Foi un acto moi emotivo no que estiveron presentes os fillos de Xoán Xosé. A presidenta da Asociación, Balbina González Morcillo deu a benvida a todos os presen [...]

CELEBRANDO AS NOSAS LETRAS EN CLAVE D...

CELEBRANDO AS NOSAS LETRAS EN CLAVE DE IGUALDADE
No marco da iniciativa «Lecturas pola Igualdade», a nosa Asociación organizou o pasado 12 de maio un recital poético-musical co gallo do Día das Letras Galegas 2023. O acto tivo lugar na Escola de Estudos Musicais Allegro Os Tilos e nel participaron máis de cincuenta persoas. Durante o recital Cris Román, compositora e cantante, interpre [...]

Coñecendo a Costa da Morte

Coñecendo a Costa da Morte
O pasado sábado 29 de abril tivemos oportunidade de coñecer unha parte da engaiolante Costa da Morte. Un grupo de trinta e cinco socias e socios de Teenses pola Igualdade viaxamos á ría de Corme e Laxe e gozamos dunha xornada lúdica e didáctica a un tempo. A primeira parada fixémola no Ecomuseo Forno do Forte, un dos conxuntos etnográfico [...]

Reinterpretando os clásicos en clave ...

Reinterpretando os clásicos en clave de igualdade
O pasado venres 14 de abril celebramos na Biblioteca d’Os Tilos unha nova sesión do programa Familias pola igualdade. Tras a proxección do clásico de Disney «A cenicienta», identificamos e debatemos sobre os sesgos sexistas e clasistas do filme. No encontro participaron adultos e rapazada entre os catro e os dez anos. O coloquio fo [...]