Asociación para a participación das mulleres

Actuación de Martabelas en Ferrol

Cartel MartabelasO vindeiro domingo día 29 o grupo teatral da nosa Asociación vai desplazarse a Ferrol invitado polo Concello daquela cidade para participar na Mostra Teatral «Domingos á Escena» que ven organizando dende hai uns anos o Grupo   teatral Ti e mais eu Teatro.

A actuación terá lugar as 8 do serán no Centro Cívico de Caranza- Ferrol

Nesta ocasión Martabelas representará a obra estreada o pasado mes de marzo con motivo do Dia Internacional da Muller: » Mullerebillosas»

Sinopse: Somos moitas mulleres. Todas distintas, todas complexas, máis altas ou máis novas, nais ou non, coquetas ou non, pero todas marabillosas. Martabelas presenta un espectáculo cheo de humor e femias que están aprendendo a coñecerse e valorar as súas diferenzas. Porque todas, sexamos como sexamos, podemos chegar

Desexamos que a actuación se converta nun novo éxito para as Martabelas teenses.

 

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*