
Desde Teenses pola Igualdade queremos convidarvos a participar no acto especial que organizamos con motivo Día das Letras Galegas 2025 – Celebramos xuntas e xuntos en Cacheirasdo Día das Letras Galegas, que terá lugar o xoves 15 de maio ás 20:15h na Casa Común de Cacheiras.
Este ano, a Real Academia Galega rende homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral, destacando o papel fundamental que xogaron na preservación e transmisión do noso patrimonio cultural. A homenaxe personifícase en seis mulleres galegas que deixaron unha pegada fonda na música e na tradición oral:
- Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda
- Eva Castiñeira, de Muxía
- Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar, integrantes das Pandereteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños
A súa entrega e talento contribuíron a manter viva a nosa identidade colectiva e a enriquecer a cultura galega xeración tras xeración.
Durante o acto contaremos coa presenza de Rosalía Morlán, que nos achegará á vida e á traxectoria destas mulleres, poñendo en valor o seu legado artístico e humano. Ao remate, teremos o pracer de desfrutar da música das Pandereteiras da Asociación Cultural Cruceiro de Monte, que nos ofrecerán unha actuación cargada de forza, tradición e emoción.
Será unha oportunidade perfecta para reencontrarnos, celebrar a nosa lingua e rendermos tributo ás mulleres que a través da súa voz e da súa arte manteñen viva a alma de Galicia.
Data: Xoves 15 de maio de 2025
Hora: 20:15h
Lugar: Casa Común de Cacheiras
Vémonos alí para vivir xuntas e xuntos esta xornada tan especial!