Asociación para a participación das mulleres

Aberto o prazo de inscrición para o Taller de Autoestima

A asociación Teenses pola Igualdade ten o pracer de anunciar que, unha vez máis, ofreceremos o Taller de Autoestima, impartido polo Dr. Fernando Lino Vázquez. As sesións terán lugar todos os xoves de marzo (días 6, 13, 20 e 27) de 20:15 a 21:30 na Casa Común de Cacheiras.

O Dr. Fernando Lino Vázquez leva máis de dez anos impartindo este taller con gran éxito. Catedrático en Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), conta cunha dilatada traxectoria profesional e investigadora. Ademais da súa labor docente, ten sido profesor asociado en universidades de prestixio internacional, como a Universidade de San Francisco (EE. UU.) e a Universidade Técnica Particular de Loja (Ecuador). Ao longo da súa carreira, foi coordinador do IV Máster en Drogodependencias da USC, director da Unidade de Trastornos Depresivos da USC e membro da Comisión de Atención a Situacións de Acoso Sexual, Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero da USC, entre outras responsabilidades.

Na actualidade, é coordinador do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicoloxía da USC, ademais de asesor clínico e científico da spin-off da USC XUNTOS: Atención Psicolóxica e Psiquiátrica. A súa investigación foi recoñecida con cinco sexenios e ten participado en numerosos proxectos de investigación a nivel rexional, nacional e europeo, moitos deles como investigador principal. Ademais, é autor de varios libros de referencia no seu campo e conta con máis de trescentos artigos publicados en revistas e congresos internacionais.

Dado o limitado número de prazas, pregamos ás persoas interesadas que realicen a súa inscrición canto antes a través do correo electrónico info@teensespolaigualdade.org ou chamando ao teléfono 676052321.

Desde Teenses pola Igualdade, é unha honra contar, unha vez máis, coa colaboración deste prestixioso profesional. Animámosvos a participar nesta oportunidade única para traballar na vosa autoestima e benestar emocional.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos