Benqueridas/os socias/os, compañeiras/os, amigos, simpatizantes da nosa asociación Teenses pola Igualdade,
Con emoción me dirixo a vos porque hoxe cumprimos 20 años dende que un grupo de mulleres en Teo, tras detectar o desamparo e carencia de recursos das mulleres, e movidas pola indignación das continuas agresións e discriminacións que aínda viñan padecendo as mulleres, consideraron crear unha asociación, de carácter paritario entre mulleres e homes, que posibilitara, na medida das súas forzas, paliar unha situación de manifesta inxustiza.
Das múltiples conversacións mantidas entre elas e eles, naceu a nosa asociación Teenses pola Igualdade coa sinatura da Carta Fundacional, o día 20 de novembro do 2003, as 21h, onde se recollen os fins obxecto do nosos esforzos e que son os establecidos no seu artigo 3:
- Promover cantas accións vaian encamiñadas a conseguir que os dereitos recoñecidos pola nosa Constitución de 1978 (ar. 9.2) ás mulleres sexan realmente exercidos como tarefa prioritaria do goberno da nación , da autonomía e do concello.
- Promover a participación política e social da muller para dirixir os elementos da vida de hoxe e do futuro e contribuír plenamente á transformación da sociedade.
- Lanzar e estimular campañas de información e sensibilización dirixidas a valorar os aspectos positivos da igualdade e con fin de favorecer o cambio de mentalidade implicando especialmente aos medios de comunicación co fin de chegar a todos os protagonistas da vida política, social e profesional e educativa
- Levar a cabo accións dende o social , co fin de favorecer a evolución das mentalidades e apoiar a actitude que se ven de desenvolver especialmente entre a xuventude respecto a un reparto igualitario das obrigas familiares, profesionais e sociais no seo fa familia e na vida social en xeral.
- Estudar as accións a realizar no problema de gardarías de nenas7os entre 0 e 3 anos, nunha tripla perspectiva (igualdade de oportunidades entre fillas/os: maior facilidade para a libre elección das nais e pais en materia de vida familiar, social e profesional; impacto demográfico)
- Desenrolar unha acción global e coordinada nos sectores da educación e da formación, dirixida á diversificación das opcións profesionais, cara aos sectores e profesións con futuro, especialmente as vinculadas as novas tecnoloxías
- Promover iniciativas locais encamiñadas a garantir un igual acceso das mulleres á creación de empresas (especialmente as facilidades de créditos).
- Estudar e examinar a protección social e as modalidades de integración na vida económica e social das traballadores a domicilio con obxecto de lograr unha mellor participación das mesmas no proceso de produción da vida social.
- Desenvolver actividades e información para as mulleres (publicacións, seminarios, folletos, acción audiovisuais, encontros con outras asociacións e movementos feministas, etc) e adaptalas en función da evolución das necesidades con obxecto de manter unha mellor información ao público en xeral.
- Levar a cabo contactos e intercambios con outros grupos que teñan actividades de impacto na promoción da igualdade de oportunidades (asociacións familiares, foro da xuventude, grupos de consumidoras/es, ONGs en xeral).
- Promover accións conducentes á loita contra a prostitución, como signo de escravitude e contra o proxenetismo.
- Colaborar con iniciativas ou campañas que promovan a paz, a solidariedade e a cooperación entre as persoas e os pobos.
- No ámbito do benestar social, realizar actividades de asistencia e apoio aso sectores máis desfavorecidos (prostitución, drogo dependencias, alcoholismo, persoas maltratadas, minusvalías, terceira idade, poboación reclusa e ex penada e poboación marxinada en xeral).
- Facilitar a integración social e laboral das minorías étnicas traballando pola súa dignificación como seres humanos, así como tamén dos colectivos de emigración de retorno.
- Cultura: Fomentar o coñecemento, difusión e promoción do importante patrimonio histórico, artístico, monumental e natural de Galicia, e velar polo seu mantemento e conservación. Traballar pola recuperación e protección de tradicións e costumes de interese, festividades, folclores, así como rescatar da invisibilidade ás mulleres que contribuíron ao enriquecementos cultural e social da nosa terra.
- Medio Ambiente e Saúde: A defensa do medio ambiente, de forma especial a dos nosos ríos, bosques e paraxes naturais, así como toda actividade encamiñada a mellorar a calidade da información sobre temas de saúde ou fomentar a práctica de hábitos de vida saudables.
En nome da actual Xunta Directiva e de toda a asociación queremos honrar, neste día tan sinalado, aos asinantes da carta fundacional: Rosa Gómez Limia, Pilar Río Corbacho, Jacinta Palacio Piñas, Lourdes Carreiras Liñeiras, América Lucía Pernas Rodriguez, Jose Manuel Elías Noya, María Jesús de Cabo Mosquera, Rosario García Ramos e Lourdes Silva Conde que todos formaron a primeira Xunta Directiva.
O mesmo tempo, agradecer o inmenso esforzo, apoio e dedicación dos que formaron parte e dos que seguen a colaborar con Teenses pola Igualdade, para contribuír a efectiva transformación da sociedade baseada no principio de igualdade recollido no art. 9.2 da Constitución de 1978.
Un saúdo ,
Balbina González Morcillo
Presidenta Asociación Teenses Pola Igualdade