Debido ás actuais circunstancias sanitarias, a xunta directiva da Asociación Teenses pola Igualdade decidiu ampliar ata o 30 de decembro o prazo de entrega dos traballos que opten ao premio do VIII CERTAME DE POESÍA MARÍA MARIÑO. Os traballos poderán enviarse ben por correo ordinario ben por correo electrónico ao enderezo teensespi@gmail.com
Velaquí as bases actualizadas.