A directiva de Teenses pola Igualdade vén de participar na Xornada «A axenda feminista galega: 4ª ola», que tivo lugar os pasados 9 e 10 de agosto en Panxón (Pontevedra). Once organizacións feministas déronse cita para debater os seguintes pasos a dar en materia de igualdade nunha situación social cada vez máis preocupante.
Velaquí un informe detallado coas conclusións deste foro. O documento foi elaborado por Elena Moreira, avogada e membra de Teenses pola Igualdade.
ANÁLISE DAS XORNADAS
Teenses pola Igualdade non podía faltar nin deixar de colaborar nesta importantísima cita estival. Felicitamos ás organizadoras pola boísima acollida, a calidade extraordinaria das poñentes e a dinámica en xeral das xornadas, moi participativas e productivas para facilitar as sinerxias entre as distintas asociacións participantes.
Descatamos especialmente deste encontro a diversidade de temas tratados, así como a seriedade e respeto cos cales foron abordados polas poñentes e polas distintas participantes nos momentos dos coloquios. Como conclusión final eu, en nome de Teenses, quédome cunha consigna que alguén aportou e que é “ou todas ou ningunha”, un lema que estivo moi presente expresa o implícitamente ó longo de tódalas xornadas e co cal non podemos desde Teenses pola Igualdade estar máis dacordo. Dende Teenses abogamos por un movemento feminista que debe abranguer as distintas situacións e realidades de todas e cada unha das mulleres, ningunha pode quedar fóra, todas teñen que estar representadas.
Nestas xornadas recolleuse moi especialmente esta diversidade, dándolle voz a diversos colectivos feministas: dende a nosa mocidade, as mulleres do rural, as mulleres doutras realidades socioculturais, as viúvas, as mulleres prostituidas, e un longo etcétera. Púxose moito o acento na tarefa que representa a educación, dende os distintos prismas, dende a familia, a escola e as redes sociais , coincidindo neste punto unánimemente en que a educación é un pilar fundamental para o avance desta nosa sociedade.
Tratáronse tamén con moita rigurosidade e dende a non sempre grata realidade, os recursos institucionais contra a violencia de xénero cos que se contan hoxe en día, chegando a conclusión de que mecanismos jurídicos hainos, pero non se ven reflectidos, en boa medida, pola falta de formación e sobre todo pola falta xeneralizada de perspectiva de xénero dos axentes intervintes (policía, xudicatura, fiscalía, etc), cuestión que reivindicamos con forza tamén desde Teenses pola Igualdade. Un punto certamente olvidado e que sí se tratou nestas xornadas, son as crianzas, onde quedan os seus dereitos? ¿Onde quedan as súas necesidades? Quen se ocupa e preocupa polas vidas rotas das crianzas víctimas da violencia de xénero? Non cabe esquecerse delas e polos seus dereitos tamén loitaremos con forza.
Outro tema fondamente tratado nestas xornadas, foi a mercantilización dos corpos das mulleres, en particular, a prostitución e o alugueiro de ventres.
Certamente, pasa o tempo, pero parece que a lo menos neste tema da prostitución, pouco ou case nada logramos avanzar, séguese a “xustificar” e séguense empregando as mesmas excusas de sempre. Temos que seguir traballando, e moito, para acabar con esta mercantilización dos corpos femininos. O abolicionismo creemos que é a única vía.
Dende o punto de vista legal, o novo marco normativo é un avance para os casos máis graves, pero resulta claramente insuficiente. Abogamos por introducir a penalización do proxenetismo meramente lucrativo, fora hoxe en día do Código Penal, e a modificación da Lei de Publicidade para evitar que os medios de comunicación colaboren tan activamente como o fan nesta lacra, por exemplo, coa publicidade de “contactos”, presente en calquera noticiario que se precie.
É preciso sobre todo que se poñan en marcha campañas de sensibilización social que poña dunha vez por todas o foco nos demandantes deste servizos sexuais, para deslexitimalos a eles, e non poñer o foco únicamente na muller prostituida, vitimizandoa deste xeito doblemente, pola propia explotación sexual do seu corpo e pola estigmatización que padecen.
Dende Teenses pola Igualdade os ventres de alugueiro non sóns máis que unha forma “moderna” de mercantilización do corpo femenino, con excusas e con altas doses de cinismo nas súas xustificacións. Ninguén parece reparar no perfil das mulleres que se “someten” a estas prácticas, nin na súa saúde mental e física.
Sen desmerecer, nin moitísimo menos ó resto das estupendísimas ponentes, temos que destacar especialmente a Rosa Arcos, Presidenta de FADEMUR Galicia, como non podía ser doutro xeito, porque foi unánime a súa exitosa intervención, reflectido ese éxito polo sonoro e prolongado aplauso acadado trala súa magnifica maneira de transmitirnos cómo inflúe o territorio no activismo social, especialmente no feminista, facéndonos reflexionar en cousas que antes non tiñamos presentes, como o son as singularidades do territorio rural dende a perspectiva de xénero dunha manera tan clara e tan natural que resultou emocionante, sobre todo tendo en conta que non hai que esquecer que vivimos en Galicia!, onde a población é maioritariamente rural, e pouco, moi pouco se pensa nelas, nas mulleres do rural, nas súas necesidades. Desde Teenses, como non podía ser doutro xeito, dado que o noso concello de orixe é eminentemente rural, abogamos por esa idea que Rosa nos trasmitiu de forma tan natural e sinxela, como é que hai que acercarse ó rural e escoitalas, darlles voz e ver o que precisan as nosas mulleres do rural. Dende logo, un punto na axenda a ter moi en conta no sucesivo. Isto ven a reflectir ó lema co cal eu especialmente me quedo e fago meu dende xa: “ou todas, ou ningunha”.
Como xa adiantaba, tratouse un tema de moito calado hoxe en día, como é a educación afectivo-sexual como parte da coeducación. Abordáronse temas como as fontes principais de información ás que acode a nosa rapazada na actualidade, como é Internet, os riscos de isto e os novos retos. Concordamos con que a información a través da rede no é a axeitada para inicarse na formación da educación afectivo – sexual, xa que fomenta en moitos, moitísimos casos, a violencia sobre a muller a súa cosificación e a mercantilización do seu corpo. Concordamos na nosa asociación en que a educación sexual segue a ser un tema insuficientemente tratado no entorno familiar e ademais, de forma pouco axeitada, en xeral, xa que todavía está moito más centrada nos riscos (na negatividade: embarazos non desexados, enfermedades, pornografía, etc) e non no afectivo pese a que afectividade e sexualidade van parexas, no saudable da sexualidade como parte dunha vida plena cando se achega a ela dende a liberdade e o respeto. É un compromiso moi importante que acadar, a sensibilización das familias para acadar estes obxectivos.
Afondouse no concepto de coeducación a da súa indudable importancia. Dende Teenses temos o compromiso firme que tanto dende a familia (en primero lugar) como dende os centros de ensino, deben poñerse as bases para lograr esa coeducación que desexamos para a nosa rapazada.
Un aspecto importante co cal se banaliza moi frecuentemente, é coa evidente erotización cada vez máis temperá da infancia, sobre todo, claro está, das nenas. Na publicidade, na roupa que venden e nós lles mercamos, nos bailes de fin de curso (o reggaetón), nos hábitos, nos xogos infantís que lle mercamos, a segregación por sexos que fomentamos nas festas infantís, nos “deportes” ou “aficcións” que se seguen a segregar por sexos, e un longo etcétera. É preciso concienciarse como nais e pais destes aspectos e a importancia deles na etapa vital tan importante, como é a de conformación da súa identidade.
Froito destas xornadas farase un documento que recolla as conclusión dos distintos temas debatidos e tratados nos catro grupos de traballo. A intención e darle continuidade ó proxecto, polo que a partir dese documento será FADEMUR Galicia quen deberá facer a proposta de programación para o 2º encontro, previsto para o 21 de setembro en Compostela.
Elena Moreira Agra
,