Asociación para a participación das mulleres

Teenses pola Igualdade presenta o documental «A memoria dos lugares»

Socias e socios de Teenses pola Igualdade estades convidados ao visionado do documental «A memoria dos lugares». Esta actividade terá lugar vindeiro venres 10 de xuño ás 19h na sede da nosa Asociación, en Recesende.

«A memoria dos lugares» é unha viaxe ao pasado a través da memoria dun grupo de mulleres que nos redescobren parte do noso patrimonio natural e etnográfico co filtro da súa ollada e as súas vivencias. O fío condutor do documental, elaborado por Promove Consultoría, é un dos nosos recursos máis valiosos: a auga.

Se desexas inscribirte a este reencontro co pasado e coa nosa historia, unicamente debes remitir un correo-e a: teensespi@gmail.com

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*