Asociación para a participación das mulleres

Nova etapa en Teenses pola Igualdade con Balbi González Morcillo coma presidenta

Tras a Asemblea Extraordinaria de Socias e Socios, celebrada onte ás 20,30h na Mediateca do Grilo (Cacheiras), a nosa Asociación conta cunha nova xunta directiva aprobada por unanimidade.

Balbi González Morcillo, ata agora vicepresidenta de Teenses pola Igualdade, substituirá no cargo a Rosa Gómez Limia. Mercedes González Rodríguez (Claudia Castro), será a nova vicepresidenta. Rosa Martínez Boquete continuará no cargo de secretaria e Meca Pernas Rodríguez no posto de tesoureira. Tamén formarán parte da nova xunta directiva Zora Leis Barcia, Fina Angueira, Lola Blázquez, Elena Moreira, María Ferraces Otero, Pepa Freire-Garabal Núñez, Alejandro Martín Olmedo, Cruz Gómez Villar, José Manuel Elías Noya, Roberto Moñino, Mercedes Mosteiro e Mercedes García Novio.

A nova presidenta de Teenses pola Igualdade rematou a asemblea cunhas verbas de recoñecemento ao importante labor realizado durante vinte anos pola anterior presidenta e cofundadora de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia. Tamén anunciou o inicio dunha nova andaina cunha xunta directiva ilusionada coa posta en marcha de novos proxectos a prol da igualdade para colectivos de todas as idades.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*