Asociación para a participación das mulleres

Fallado o VII Premio de Poesía María Mariño

Na tarde de onte luns día 13,no Hotel Congreso de Teo tivo lugar a apertura de plicas dos traballos presentados ao VII Premio Maria Mariño de Poesía convocado bianualmente pola Asociación Teenses Pola Igualdade. Un experto xurado composto polos escritores Helena de Carlos, Suso de Toro, Marisol lopez, Xosé Antón Perozo e Arantza Portabales, procedeu a proclamar gañadora do Primeiro Premio da edición deste ano á escritora lucense Beatriz López Dourado polo seu traballo presentado baixo o lema INTRAGUERRAS Co segundo Premio alzouse o novo poeta Juan Domingo Martos Pérez natural de Adra( Almeria) polo seu traballo titulado E TAMÉN . A entrega de premios aos galardoados terá lugar o próximo 25 de maio no transcurso dunha Gala Xantar Literaria desenvolta no Hotel Congreso de Teo durante a cal se presentase o libro compilatorio dos poemas galardoados co María Mariño nas edicións anteriores, traballo a cargo de Rosa Gómez Limia Remitido: Teenses Pola Igualdade Palabras descoñecidas

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*