Asociación para a participación das mulleres

Andrés Amado: «o correcto uso de máscaras é crítico para evitar o contaxio da COVID-19»

O pasado xoves 8 de outubro Teenses pola Igualdade organizou a conferencia «Coronavirus: tomando conciencia para unha nova normalidade». Esta charla, que tivo lugar na Mediateca d’O Grilo (Cacheiras), foi impartida por Andrés Amado, licenciado en Farmacia. Javier Chantada Abal, tamén farmacéutico, foi o encargado de realizar a presentación do conferenciante.

Andrés Amado comezou a súa intervención explicando que é o coronavirus e como ataca as nosas células ao contraer a COVID-19. Seguidamente Amado expuxo en detalle os diferentes métodos para evitar o contaxio desta enfermidade. En primeiro lugar salientou a importancia de lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, realizando un lavado concienzudo e completo.

A principal recomendación de Amado á hora de previr a enfermidade foi o uso das máscaras axeitadas. Estas serven de barreira para as miles de pequenas partículas coñecidas como aerosoles, que representan unha das principais vías de transmisión da enfermidade.

Na imaxe Javier Chantada presentando a Andrés Amado (á dereita)

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*