ACTA FUNDACIONAL

Reunidos en Teo, o día 20 de Novembro do 2003 ás 21:00 horas as persoas que a continuación se detallan:

Nome D.N.I.

1. Rosa Gómez Limia
2. Pilar Río Corbacho
3. Jacinta Palacios Piñas
4. Lourdes Carreira Liñeiras
5. América L. Pernas Rodríguez
6. Jose Manuel Elías Noya
7. María Jesús de Cabo Mosquera
8. Rosario García Ramos
9. Lourdes Silva Conde

Acordan:

1º. Constituir unha asociación ó amparo da Ley Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación que se denominará Teenses pola Igualdade.

2º Aprobar os estatutos polos que se vai a rexir a entidade, que foron leídos
neste mesmo acto e aprobados por unanimidade dos reunidos.
3º Designar a xunta directiva da entidade sendo a súa composición a seguiente:
President@: Rosa Gómez Limia
Vicepresident@: Pilar Río Corbacho
Secretari@: Jacinta Palacios Piñas
Tesoureir@: Lourdes Carreira Liñeiras
Vocais: América Lucía Pernas Rodríguez
  Jose Manuel Elías Noya
  María Jesús de Cabo Mosquera
  Rosario García Ramos
  Lourdes Silva Conde

E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, sendo as 21:30 horas do día da data.

Subir

ESTATUTOS

CAPíTULO I: DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO

CAPÍTULO II: ÓRGANO DE REPRESENTACIÓN

Artigo 6. A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: un President@, un vicepresident@, un secretari@, un tesourer@ e cinco vocais. Tódolos cargos que compoñen a Xunta Directiva non terán remuneración. Estes escolleranse e revocaranse pola Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de 4 anos.

Artigo 7. Est@s poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumplimento das obligacións que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.

Artigo 8. Os membros da Xunta Directiva que esgotasen no plazo para o cal foran escollidos, continuarán ostentando os seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que lle sustitúan.

Artígo 9. A Xunta Directiva reunirase cantas veces determine o seu President@ e por iniciativa ou petición dun tercio dos seus membros. Quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser pola maioría de votos. No caso de empate, o voto do President@ será de calidade.

Artígo 10. Facultades da Xunta Directiva:

As facultades da Xunta Directiva extenderanse, con carácter xeral a todolos actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requiran, según estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.

Son facultades particulares da Xunta Directiva:

  • Dirixir as actividades sociais e achegar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os contratos e actos oportunos.
  • Executar os acordos da Asemblea Xeneral.
  • Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os Balances e as Contas anuais.
  • Resolver sobre a admisión d@s nov@s asociad@s.
  • Nomear delegad@s para algunha determinada actividade da Asociación.
  • Calquera outra facultade que non sexa de competencia exclusiva da Asamblea Xeral de soci@s.

Artigo 11. O President@ terá as seguintes atribucións: representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados; convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións dunha e outra; ordenar pagos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas e correspondencia; adoptar cualquera medida urxente que aconselle a boa marcha da Asociación ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen perxuicio de dar contas posteriormente á Xunta Directiva.

Artigo 12. @ vicepresident@ sustituirá á Presidenta en ausencia desta, motivada por enfermidade ou cualquera outra causa, e tería as mesmas atribucións que el/ela.

Artigo 13. @ secretari@ terá ao seu cargo a dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación, expedirá certificacións, levará os libros da Asociación legalmente establecidos e o ficheiro d@s asociad@s, e custodiará a documentación da entidade, facendo que sexan cursadas as comunicacións da Xunta Directiva e demais acordos sociais inscribibles nos rexistros correspondentes, así como a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente correspondan.

Artigo 14. @ tesoreir@ recaudará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pago que expida a Presidenta.

Artigo 15. @s vocais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que xordan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta lles encomende.

Artigo 16. As vacantes que se poideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral Extraordinaria.

CAPíTULO III: ASEMBLEA XERAL

CAPíTULO IV: SOCI@S

CAPITULO V

Inicio