ACTA FUNDACIONAL

Reunidos en Teo, o día 20 de Novembro do 2003 ás 21:00 horas as persoas que a continuación se detallan:

Nome D.N.I.

1. Rosa Gómez Limia
2. Pilar Río Corbacho
3. Jacinta Palacios Piñas
4. Lourdes Carreira Liñeiras
5. América L. Pernas Rodríguez
6. Jose Manuel Elías Noya
7. María Jesús de Cabo Mosquera
8. Rosario García Ramos
9. Lourdes Silva Conde

Acordan:

1º. Constituir unha asociación ó amparo da Ley Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación que se denominará Teenses pola Igualdade.

2º Aprobar os estatutos polos que se vai a rexir a entidade, que foron leídos
neste mesmo acto e aprobados por unanimidade dos reunidos.
3º Designar a xunta directiva da entidade sendo a súa composición a seguiente:
President@: Rosa Gómez Limia
Vicepresident@: Pilar Río Corbacho
Secretari@: Jacinta Palacios Piñas
Tesoureir@: Lourdes Carreira Liñeiras
Vocais: América Lucía Pernas Rodríguez
  Jose Manuel Elías Noya
  María Jesús de Cabo Mosquera
  Rosario García Ramos
  Lourdes Silva Conde

E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, sendo as 21:30 horas do día da data.

Subir

ESTATUTOS

CAPíTULO I: DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO

CAPÍTULO II: ÓRGANO DE REPRESENTACIÓN

CAPíTULO III: ASEMBLEA XERAL

CAPíTULO IV: SOCI@S

Artigo 23. Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desvolvemento dos fins da Asociación.

Artigo 24. Dentro da Asociación existirán os siguientes tipos de socios:

  • Soci@s fundadores, que serán aqueles que participen no acto de constitución da Asociación.
  • Soci@s de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación.
  • Soci@s de honra, @s que polo seu prestixio ou por ter contribuído de modo relevante á dignificación e ao desenvolvemento da Asociación, faganse acreedores a tal distinción. O nomeamento d@s soci@s de honra corresponderalle á Xunta Directiva.

Artigo 25. @s soci@s causarán baixa por algunha das causas seguintes:

  • Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva.
  • Por incumprimentoto das obrigas económicas, se deixara de satisfacer 6 cotas periódicas.

Artigo 26. @s soci@s de número terán os seguintes dereitos:

  • Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
  • Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter.
  • Participar nas Asembleas con voz e voto.
  • Ser elector@s e elixibles para os cargos directivos.
  • Recibir información sobre os acordos adoptados polos organismos da Asociación.
  • Facer suxerencias aos membros da Xunta Directiva para un mellor cumprimento dos fins da Asociación.

Artigo 27. @s soci@s fundador@s e de número terán as seguintes obrigas:

  • Cumprir os presentes Estatutos e acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva.
  • Aboar as cotas que sexan fixadas.
  • Asistir ás Asembleas e demais actos que se organicen.
  • Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ao cargo que ocupen.

Artigo 28. @s soci@s de honra terán as mesmas obrigas que @s fundador@s e de número a excepción das previstas nos apartados b) e d), do artigo anterior.

Asemade, terán os mesmos dereitos a excepción dos que figuren nos apartados c) e d) do artigo 26, podendo asistir ás asembleas sin dereito de voto.

Artigo 29. Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:

  • As cotas dos soci@s, periódicas ou extraordinarias.
  • As subvencións, legados ou herdanzas que poidesen recibir de forma legal por parte dos asociad@s ou de terceiras persoas.
  • Calquer outro recurso lícito.

Artigo 30. O patrimonio fundacional ou Fondo Social da Asociación é de cero euros.

Artigo 31. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano.

CAPITULO V

Inicio